Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Valverde nega privilexios no PXOM e asegura que só os técnicos teñen acceso á documentación

Valverde nega privilexios no PXOM e asegura que só os técnicos teñen acceso á documentación

Correo-e Imprimir PDF

O alcalde Alberto Valverde defende a transparencia na tramitación do PXOM de Nigrán.

O alcalde de Nigrán nega a existencia de privilexios en relación ao Plan Xeral e asegura que nin el nin o concelleiro de Urbanismo accederon ao documento. Así Alberto Valverde sae ao cruce da denuncia formulada onte polo PSOE na que se acusaba ao goberno municipal de non facilitar o acceso ao PXOM. O rexedor de Nigrán nun comunicado público, afirma que todos os pasos que se están dando na tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal son coa maior transparencia e, sobre todo, para preservar a maior seguridade xurídica do futuro Plan Xeral.

O alcalde de Nigrán acusa ao PSOE de Nigrán de tratar de boicotear dende agora aprobación do PXOM, e cualifica as declaracións do portavoz socialista de "gravísimas, desleales y totalmente suicidas".

Medidas de seguridade e estado da tramitación do PXOM, segundo a alcaldía de Nigrán.

Nese senso, Valverde sinala que o día 2 de agosto deuse entrada no rexistro do Concello de Nigrán á documentación do Plan Xeral de Ordenación Municipal para informe previo á aprobación inicial, que foi presentada polo equipo redactor, xunto con dous discos que conteñen o soporte informático do mesmo. Para que os servizos técnicos e xurídicos poidan estudar o documento e emitir o informe ao que se refire o art 85.1 da LOUGA, facilitouse copia do soporte informático ao Técnico de Administración Xeral e ao Arquitecto Municipal, deixando o orixinal do documento en papel en custodia do Secretario Xeral. O rexedor agrega que tendo en conta o carácter preliminar do documento os membros da corporación que o desexen poderanse informar do seu contido na Secretaría Xeral, non podendo facerse copias do mesmo e a súa circulación para garantir o marco normativo e legal do documento, e cumprir o que indica o art 16.3 do ROF, e demais normas de aplicación.

 

O documento está en poder do Secretario Xeral e dos servizos xurídicos e do arquitecto municipal, para o seu informe previo
, sinala Valverde. Unha vez presentado devanditos informes, en caso de ser favorables, remitirase á Xunta de Galicia para informe por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Nese momento, cos informes favorables dos técnicos municipais, a empresa redactora, unha vez que se teña a garantía de que o documento cumpre os preceptos legais e técnicos para ser un Plan Xeral, realizará unha presentación oficial do documento á corporación municipal, e posteriormente farase esta mesma presentación do documento ante o Consello Sectorial," en aras da maior transparencia e de que se coñeza o documento remitido á Xunta de Galicia", sinala o rexedor. Tras os informes da Xunta de Galicia, do informe autonómico previo á aprobación inicial en sentido favorable, remitiríase ao Concello para que o Secretario Xeral e Interventor emitan os seus informes para proceder á aprobación inicial por parte da corporación. No seu caso, tras esa aprobación inicial por parte do pleno do Concello de Nigrán, someterase o documento a información pública durante dous meses.