Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O goberno de Nigrán decide facer públicos os documentos en trámite do PXOM.

O goberno de Nigrán decide facer públicos os documentos en trámite do PXOM.

Correo-e Imprimir PDF
O PXOM de Nigrán atópase na fase previa á súa aprobación inicial

O goberno de Nigrán fará públicos os documentos do PXOM, actualmente en trámite. A medida foi comunicada oficialmente este sábado sustentada no xeito de "evitar cualquier revuelo o crispación en la tramitación de un documento de vital importancia para el futuro del municipio", segundo a alcaldía. Unha copia da documentación aseguran xa foi entregada pero só ás organizacións veciñais, deixando fóra ao resto de colectivos que conforman o Consello Sectorial.

A resolución coincide cun momento de forte presión da totalidade dos partidos da oposición, e a meirande parte do Consello Sectorial verbo a obter información dos contidos do PXOM. Unha necesidade que o goberno apostou a solucionar a través de reunións informativas con portavoces das agrupacións e representantes das asociacións veciñais. De feito, a política de reserva documental mantida polo goberno de Alberto Valverde dende a súa asunción á alcaldía foi defendida ata por razoes legais polo oficialismo. Nin sequera a publicación parcial dos contidos do PXOM por parte da prensa e a web do PSOE local, foron quen de modificar o silencio documental do goberno ata hoxe.

Ademais do anuncio da publicación dos documentos, o rexedor informou da convocatoria a unha rolda de xuntanzas coas asociacións veciñais, parroquia por parroquia. "La convocatoria de dichos encuentros la realizaremos una vez la empresa redactora presente a los técnicos municipales y a los portavoces de los grupos políticos el documento con las modificaciones contenidas en los informes técnicos, cuya fecha prevista es el próximo miércoles 23 de mayo", sinalou, Valverde.

Malestar no seo do Consello Sectorial.

A decisión do alcalde chega días despois da reunión mantida polas asociacións que conforman o consello sectorial e que non ven con bos ollos a decisión que mantén o rexedor de non convocalos pese as peticións escritas dos colectivos para que sexan informados por igual e principalmente para que o goberno municipal responda ao grao de compromiso e cumplimento do novo PXOM en base as conclusións do Consello aprobadas nun pleno extraordinario no que o actual alcalde tamen votou a favor como membro da oposición.

Varias asociacións consideran que existe un engano manifesto por parte do alcalde cando di que foron informadas sobre o PXOM antes de ser remitido á Xunta. Suliñan que naquela reunión previa á entrega á Xunta, o equipo redactor e o alcalde proxectaron un plano ao lonxe da sala durante o tempo que durou a reunión, e que non foron respostadas as peticións relizadas polo consello. Por iso consideran que non pode considerarse esa reunión como de aceso á información.

Á ultima reunion convocada polo alcalde só se lles permitiu acudir ás AAVV e algunha comunidades de montes. Nesa reunión o alcalde deixou claro que non volvería a convocar a todos os membros do Consello porque según informou consideraba que eran demasiados colectivos para decidir e porse de acordo sobre o documento. Algo que non sentou nada ben ao resto de colectivos que viron menospreciado o seu traballo durante catro anos no consello sectorial para decidir un PXOM pensado polos colectivos sociais de Nigrán.

O alcalde tentaba buscar nesa reunion a complicidade das aavv de veciños para firmar acordos individualmente por parroquias e que así deran o visto bo ao documento. Pero esta estratexia foi a priori rexeitada xa que entenden que primeiro deben ter acceso ao documento en tempo e forma. Por outro lado consideran que o alcalde ten que convocar ao Consello Sectorial e permitirselle traballar como ata agora, con acceso á información.

O alcalde xustificou que a denegación ao acceso da docuemtnació era por unha imposición legal durante o estado de tramitación actual, imposición que agora parece non ser efectiva despois das presións para acceder ao documento, na que o concello viuse na obriga de solicitar un informe xuridico que permita a publicación. Por outro lado o alcalde xustificou que a documentacion dos informes da Xunta non foron trasladados aos colectivos porque era documentación moi técnica e complicada, algo que non gustou tampouco ao representantes que manifestaron sentirse capacitados para poder entendela.

Os planos publicados.

Na ultima reunión o alcalde recoñeceu públicamente ao PSOE a autencididade da documentación publicada na web dos socialistas, pese á insitencia dende o goberno en afirmar que eses planos non eran os mesmos.

A publicación por parte do concello da documentación vese abocada pola presión dos colectivos e partidos da oposición e da por cumprido un mero formalismo xa que a ducementación circula dende hai semáns polos distintos colectivos.

Valminor.info preguntou hoxe a varias asociacións sobre a recepcionón da documentacion oficial do PXOM por parte do concello e todos manifestaron non ter recibido nada ainda.

O Consello Sectorial volverá a solicitar nestes días ao alcalde a convocatoria do consello en tempo e forma, reunión que xa fora solicitada fai meses.