Mércores, 13 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Un profesor de Nigrán está a ser investigado por Educación por supostamente ignorar aos seus alumnos en clase

Un profesor de Nigrán está a ser investigado por Educación por supostamente ignorar aos seus alumnos en clase

Correo-e Imprimir PDF

Educación investiga o caso dun profesor de Educación primaria dun colexio situado na localidade pontevedresa de Nigrán por supostamente ignorar aos seus alumnos en clase. Foron os propios familiares dos nenos os que alertaron ao centro de que o mestre non estaba a realizar a súa labor na aula, senón que estaba constantemente utilizando o seu teléfono móbil. Segundo fontes da Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades consultadas por Europa Press, este pasado luns levouse a cabo unha reunión co equipo directivo do colexio e demais docentes.

Nela tamén estiveron presentes a inspectora do colexio e a representación dos pais e dos alumnos. “O asunto quedou canalizado e solucionarase de inmediato”, reivindicaron desde a Xunta. Tal como adiantou ‘Faro de Vigo‘, trátase dun profesor interino que se incorporou ao centro nas últimas semanas para substituír a outra docente que se xubilou. As queixas das familias chegaron cando os nenos dicían en casa que non facían nada.