Luns, 5 Jun. 2023

Actualizado07:21:59 AM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Programación día das letras galegas en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán abrirá este sábado co concerto da pianista Brenda Vidal (Auditorio Municipal, 20:00 horas) a súa programación especial de Maio, o mes das Letras Galegas. A actividade sociocultural destas catro semanas será intensa e variada adaptándose á realidade sanitaria de cada momento, continuando o sábado 8 cun concerto de voz e piano en homenaxe ás vítimas de Covid-19 a cargo da mezzosoprano Nuria Lorenzo e o pianista Alejo Amoedo. Unha selección de curtas do Festival Internacional de Curtamextraxes de Bueu (13), a presentación do derradeiro libro de Carlos Méixome ‘Cartas na Memoria. A persecución franquista no Val de Miñor’ (14), cine na rúa en Chandebrito con ‘A Esmorga’ (22) ou o concerto de ‘Cromosóns’ (29) completan esta programación na que se rendirá homenaxe a Xela Arias o día 15 cunha charla-coloquio e o concerto especial de ‘Xardín desordenado’. A tradicional ‘Festa da Bicicleta’ do día 17 de Maio tamén se celebrará cunha marcha polo litoral do municipio (Panxón-Lourido, ida e volta).

“É unha programación moi diversa, adaptada a todos os gustos e na que, como é tradicional, adicamos unha xornada á persoa homenaxeada pola Real Academia Galega cada ano, neste caso Xela Arias. Ademais, mantemos a celebración da tradicional Festa da Bicicleta cunha pequena marcha polo litoral entre os veciños que desexen participar, sendo ao aire libre e mantendo as normas consideramos que é unha actividade segura e saudable”, indicou o alcalde, Juan González.

Concerto de Brenda Vidal

A pianista Brenda Vidal, directora do Conservatorio de Música de Gondomar, ofrecerá un concerto con pezas de Bach, Mozard, Chopin, Prokofiev e Eduardo Soutullo. Cun currículo extensísimo, Vidal participa a cotiá en numerosas agrupacións orquestais e camerísticas, como a Orquestra Sinfónica Vigo 430, Orquesta Sinfónica do Algarve, Orquesta Filarmónica Ciudad de Pontevedra, Orquesta Clásica de Vigo, Banda Municipal de Pontevedra, etc. É membro fundador da formación lusa Quarteto Contratempus, adicado á opera de cámara contemporánea, e ten actuado en grandes salas e auditorios de toda Europa. O programa do concerto en Nigrán e o seu C.V. está a disposición dos interesados na páxina web do Concello.

Nigrán solicita que a Xunta facilite máscas aos escolares

Correo-e Imprimir PDF

mascarilla nenaO goberno local aprobou dúas emendas a sendas mocións do PP nas que, inicialmente, o grupo popular lle requiría ao Concello que sufragase os gastos de máscaras das diferentes comunidades educativas e, por outro, que asumise a convocatoria de premios á innovación de empresas. Así, o goberno propuxo que ambas cuestións fosen ao cargo da Xunta ao seren da súa competencia, aprobando a primeira coa abstención do PP e a segunda co seu voto en contra. “Están a presentar mocións en contra dos intereses da veciñanza de Nigrán só para defender ao goberno da Xunta, que é a quen lle teñen que requirir que asuma as súas competencias; está claro que non lles importa prexudicar as arcas municipais ao pretender que sigamos asumindo custes que non nos corresponden”, defendeu o rexedor.

Pola súa banda, Marina Vidal, edil de Educación e mestra, sinalou o “abandono” da Xunta das súas responsabilidades: “No Concello estamos desde o minuto 1 da pandemia traballando coas direccións dos centros, apoiando en todo, entregando fotocopias, máscaras transparentes para os mestres de Audición e Linguaxe, asumindo a desinfección extra, mesmo aportamos o Pavillón Municipal para que o IES Val Miñor poida facer Educación Física mentres a Xunta non lles facilita o transporte ao mesmo”, incidiu Vidal, quen recordou ao voceiro do PP que a semana pasada o propio PP votou en contra no Parlamento de fornecer de máscaras ás comunidades educativas.

Aberto o prazo para as inscricións no campamento de verán en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Campamento Verán Nigran 2018O Concello de Nigrán organiza un campamento urbano para favorecer a conciliación laboral das familias durante as vacacións escolares de verán, que se desenvolverá do 25 de xuño ao 31 de xullo no colexio de Panxón en horario de 9.00 a 14.00, con posibilidade de amplialo.

Ofrece 120 prazas destinadas a nenos nados entre 2006 e 2015 a 75€ e 85€ en función do horario, con bonificacións para as unidades familiares con escasos recursos.

O prazo de inscrición está aberto ata o día 25 de maio e os interesados deben dirixirse ao Centro de Información á Muller ou á oficina de información do Concello.

  03/05/2018 BASES DA CONVOCATORIA “CAMPAMENTO DE VERÁN 2018”

O concello de Nigrán organiza un novo curso de ofimática para desempregados do municipio

Correo-e Imprimir PDF

ordandor taza boli-O prazo de inscrición comeza o luns 8 de maio e remata o día 16, desenvolvéndose o curso do 1 ao 28 de xuño

O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de accións formativas para a veciñanza neste ano 2017, organiza no mes de xuño un curso de Ofimática dirixido prioritariamente a desempregados empadroados no municipio. O obxectivo desta acción, sufragada dende o Concello e polo tanto gratuíta para o alumnado, é ofrecer formación de calidade que amplíe as posibilidades de emprego dos parados do municipio, xa que o coñecemento de  ofimática é especialmente demandado polas empresas.

O Concello de Nigrán implanta o aparcamento en espiga no centro urbano.

Correo-e Imprimir PDF

varandillasNigran3Dende a alcaldía argumentan que este tipo de estacionamento favorece a seguridade ao eliminar ángulos mortos e aporta un aforro de superficie dun 10% por praza.

Sinalan que seguindo as directrices de traballo de "Un Nigrán para todos" instaláronse varandas en Rosalía de Castro, Alcalde Manuel Alonso, paseo de Panxón e Praia América

Advirten que a medida tomouse xa que de momento se carecía de ordenación algunha ao non estar marcadas as liñas, e ao mesmo tempo se instalou varandas para aumentar a seguridade peonil.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL