Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

XXX Festa da Bicicleta do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

ciclismo17 de maio, Día das Letras Galegas, os Concellos do Val Miñor, Nigrán, Gondomar e Baiona, celebrarán a edición número XXX da xa tradicional Festa da Bicicleta.

Os participantes sairán de Nigrán, dende o Pavillón de Panxón ás 10:00h dirección Gondomar, onde xuntaranse cos participantes ás 11 na praza do Concello de Gondomar.

Ás 11h sairán en paralelo de Baiona (Parador) con destino a Ramallosa, onde reuniranse todos os participantes de todos os concellos na alameda de San Campio. Ramallosa
E todos xuntos partirán cara ao Pavillón Municipal de Panxón, onde se lles entregará un pequeno avituallamento e celebrarase o sorteo de regalos.

A XXX Festa da Bicicleta do Val Miñor é unha marcha cicloturista aberta ao público en xeral, na que se poderá participar a partir dos 7 anos. O obxectivo principal deste evento é o de fomentar a práctica deportiva de todos os cidadáns mentres te divertes coa túa familia, amigos ou veciños.

As inscricións realizaranse o mesmo día do evento 40 minutos antes da saída nos puntos de inicio da marcha.
No caso de Nigrán, as inscricións realizaranse entre as 9:00 e as 9:45h co fin de garantir a saída puntual cara Gondomar.

XXIX edición da Festa da Bicicleta do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Festa da bicicleta 2018 O vindeiro xoves día 17 de Maio os concellos do Val Miñor organizan unha nova edición da festa da bicicleta, sendo este ano a edición nº XXIX.
As saídas dos ciclistas están previstas desde a praza do concello en Nigrán ás 11.30h, Praza do concello en Gondomar ás 11.00 h e  Parque da Palma ás 10:15h

Homenaxe a Luís Molist e e inauguración da mostra de bicicletas antigas en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

2016-0823-Cartel-expo-bici-fin-42x30Este martes ao mediodía tivo lugar no Auditorio Municipal de Nigrán, a presentación da Exposición Bicicletas Antigas en homenaxe a Luís Molist.

A mesma estivo previsto a presenza do homenaxeado , do alcalde Juan A. González y o concelleiro de Deportes, Luis Sanromán.

A exposición estará aberta ao público desde o 23 de agosto ao 1 de setembro no horario de 11:00 h. a 13:30 h y de 18:00h a 20:30 h. y a entrada será libre.

O Club Urgal e a selección galega acadan o torneo Intercontinental de bolos celtas.

Correo-e Imprimir PDF

urgalO pasado fin de semana celebrouse o Campionato Intercontinental de Bolo Celta nos campos de xogo dos Concellos de As Cercas (Gondomar), Praia America (Nigran) e A Ribeira (Baiona).

Participaron dúas seleccións de Arxentina, sa seleccións de Uruguai, Bragança (Portugal), España, Asturias, Galicia, Madrid, Lugo, Pontevedra, Ourense, Coruña, así como diferentes quipos de toda Galicia.

O torneo disputouse nas modalidades de parellas, equipos e individual.

Fútbol solidario: 450 kg de alimentos acadou o torneo de fútbol sala do Panxón-Nigrán F.S.

Correo-e Imprimir PDF

alimentos-panxon-nigran-fsDurante o pasado fin de semana 17-18 e 19 realizar no Pavillón Municipal de Panxón en Nigrán se celebrou a e coa colaboración do Concello de Nigrán.

O Torneo desenvolveuse en categorías Minis-Prebenxamin-Benxamin-Alevín e Infantil cun total de 29 equipos pertencentes ao equipo local Panxón-Nigrán F.S. e a 9 equipos invitados procedentes de Baiona,Vigo e Redondela sumando un total de máis de 300 nenos de entre 3 e 13 anos, 29 horas de futbol-sala en 43 partidos.

O Val Miñor será sede do Campionato Intercontinental e do Mundial de Bolos Celta.

Correo-e Imprimir PDF

presentacion-bolos-celtas-nigranAmbas as dúas competicións contarán con seleccións e equipos de Galicia, Arxentina, Uruguai, España e Portugal.

As diferentes fases xogaranse de forma rotatoria entre as canchas de Gondomar, Baiona e Nigrán

A Comarca do Val Miñor será escenario esta fin de semana e a próxima do Campionato Intercontinental de Bolos Celta e o Mundial. Os alcaldes dos tres municipios e o presidente da Federación Galega de Bolos, Isidro Costas, presentaron hoxe no Auditorio Municipal de Nigrán sendos eventos, que reunirán a máis de cen xogadores de equipos e seleccións de Arxentina, Uruguai, España, Galicia.

Escolares de Gondomar e Nigrán participarán do torneo de baloncesto “Xogando pola Igualdade”.

Correo-e Imprimir PDF

BADEN-BALON-MANOSO Club de Baloncesto Nigrán, en colaboración co Concello de Gondomar e a Concellería de Deportes, organizan un torneo de baloncesto infantil baixo o lema "Xogando pola igualdade". O mesmo desenvolverase este fin de semana, 18 e 19 de xuño, en Gondomar no pavillón municipal segundo comunica a edil de Deportes Nuria Lameiro.

"O obxectivo deste torneo é que os nenos e nenas xoguen e compartan a pelota en prol de visibilizar a igualdade no deporte", sinalan dende a concellaría.

Comeza o II Torneo San Xoán de fútbol sala infantil en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

presentacion 2015-2016 panxon fsDisputarase os días 17, 18 e 19 de xuño no Pavillón de Deportes de Panxón. O venres de 17 a 21 horas; e os días sábado e domingo de 9 a 21:30 horas. No torneo participarán xogadores das categorías minis, prebenxamíns, benxamíns, alevíns e infantís.

Os cruces terán lugar na modalidade "liguilla" por grupos. As finais de cada categoría se disputarán o domingo. Os participantes recibirán trofeos doados polo Concello de Nigrán.

O público poderá colaborar con alimentos non perecedoiros que serán entregado por O Panxón Fútbol Sala, organizador do torneo a Caritas Nigrán e os servizos sociais do concello.

O esprinter palentino Ángel De Julián ficha para o Club Ciclista Rías Baixas

Correo-e Imprimir PDF

angel-de-julian-encuentra-su-camino-en-kuwait-001Malia terminar o ano correndo como profesional no Kuwait Cycling Project, Ángel De Julián volverá ao campo amateur en 2016 da man do Club Ciclista Rías Baixas. "O cambio de equipo é sobre todo por ampliar o calendario. O proxecto presidido por José Luís Chamorro ten un dos mellores calendarios de España, ademais de correr bastante a miúdo en Portugal en voltas con profesionais de categoría 2.2 e probas 1.2 dun día, cousa que tanto por ritmo como por nivel nótase muchísimo".

Atrás queda o seu destacado paso polas filas do Ciudad de Oviedo, onde conseguiu o triunfo en Arévalo, ademais dos Campionatos de Castela e León en ruta. "Estou moi agradecido polo tempo que estiven con eles e co director Baldomero Martínez que sempre foi un gran apoio", comenta.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL