Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Homenaxe a Luís Molist e e inauguración da mostra de bicicletas antigas en Nigrán.

Homenaxe a Luís Molist e e inauguración da mostra de bicicletas antigas en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
2016-0823-Cartel-expo-bici-fin-42x30

Este martes ao mediodía tivo lugar no Auditorio Municipal de Nigrán, a presentación da Exposición Bicicletas Antigas en homenaxe a Luís Molist.

A mesma estivo previsto a presenza do homenaxeado , do alcalde Juan A. González y o concelleiro de Deportes, Luis Sanromán.

A exposición estará aberta ao público desde o 23 de agosto ao 1 de setembro no horario de 11:00 h. a 13:30 h y de 18:00h a 20:30 h. y a entrada será libre.

Se pretende facer unha homenaxe a Luis Molist de 94 años, director do museo de bicicletas localizado en Praia América. Su colección así como as clásicas de Antonio Pino son o eixe central desta mostra, que se complementa coas pezas achegadas pola colección de Manuel Pazó.

Nesta Exposición exhibiranse bicicletas con máis dun século nas súas rodas, desde os primeiros velocípedos do século XIX ata moitos dos modelos e marcas que sempre estarán presentes na memoria. Desde bicicletas que protagonizaron películas ata aqueles pequenos triciclos escola de moitos.

Pero ademais de contemplar aquelas xoias do pasado, uns dos atractivos da exposición é mostralas próximas á súa época con recreacións que seguro farán a máis dun recordar a súa infancia ou a súa mocidade, coas cousas e obxectos que estaban presentes na vida diaria e tiveron importancia para o mundo da máquina e os ciclistas.