Martes, 15 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

Baiona acollerá en setembro un triatlón a beneficio da escola de velas adpatada do Club de Yates.

Correo-e Imprimir PDF

triatlonBaiona acollerá o próximo 12 de setembro un triatlón a beneficio da escola de vela adaptada do  Monte Real Club de Yates. A actividade contará coa colaboración do concello de Baiona e a Federación Galega de Triatlón.

Trátase dunha competición deportiva que terá o deseño dun triatlón sprint e incluirá tres probas de natación, ciclismo e carreira a pé que se desenvolverán na bahía de Baiona e en varias rúas da vila mariñeira. Os participantes deberán completar 750 metros a nado, 20 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros correndo.

Convocan inscricións para o XIV Torneo de palas-praia en #Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

palas-praiaO vindeiro sábado día 29 de agosto, a Concellería de Deportes e Actividades Marítimas do Concello de Baiona, organiza a XIV edición do torneo de palas - praia, na Ribeira a partir das 12.00 horas, modalidade que ano tras ano arrastra unha chea de seguidores.

Torneo que se desenvolve en modalidade de parellas e cunhas normativas adaptadas e deseñadas desde a organización, pretendendo mesturar varios deportes de raqueta, como o tenis, badminton e por suposto as palas, esperando ofrecer unha alternativa de lecer nova e rechamante , onde teñan cabida todas as persoas que teñan como obxectivo a diversión e o deporte.

O CB Nigrán volve a Cangas ao torneo de baloncesto “Festas do Cristo”

Correo-e Imprimir PDF

CBnigran1Un ano máis o CB Nigrán foi invitado polo Club de Baloncesto Defensores do Morrazo a participar no Torneo Festas do Cristo de Cangas. Nesta ocasión o CB Nigrán desprazouse a Cangas co equipo de Minibasket ( baby, benxamines e alevíns) pertencente ás escolas deportivas que o club teñen no CEIP Carlos Casares de Vilariño.

Aser Estévez e Aida Valiño primeiros nas probas de contrarreloxo en Ourense.

Correo-e Imprimir PDF

cri triprete

Histórica actuación dos representantes do Club Ciclista Rías Baixas no Campionato de Galicia de contrarreloxo individual celebrado este domingo na contorna do hipódromo ourensán de Sandiás. Aser Estévez e Aida Valiño subiron ao máis alto do podio nas categorías Élite e Xoel Dias obtivo a medalla de bronce en Sub 23. Os dous títulos logrados polo conxunto de Nigrán únense ao dobrete do pasado mes de xuño na proba autonómica de fondo en estrada, o que confirma á entidade presidida por José Luís Chamorro como unha das grandes referencias deste deporte a nivel galego.

O Concello de Nigrán recupera o derbi Nigrán C.F – Racing Vilariño

Correo-e Imprimir PDF

550vilarinho nigran

O partido entre os dous equipos afeccionados de máxima categoría no municipio se celebra ás 19.30 horas no campo de Condomínguez

O Concello de Nigrán recuperar mañá sábado, tras máis de catro anos sen celebrarse, o IX Torneo Concello de Nigrán que enfronta aos dous equipos afeccionados en máxima categoría do municipio: o Nigrán C.F., recén ascendido a Primeira Rexional, e o Racing Vilariño, en Segunda Rexional e loitando na próxima tempada polo ascenso. O derbi terá lugar no campo de Condomínguez ás 19,30 horas sendo a entrada de balde. Ao finalizar haberá pinchos para os asistentes.

A dobre competición porá a proba ao C.C. Rías Baixas nesta fin de semana.

Correo-e Imprimir PDF

rbflores-O Club Ciclista Rías Baixas desdóbrase para a Volta a Palencia e o autonómico de contrarreloxo.

Dúas probas das máis importantes do calendario 2015 coinciden neste final de semana. Este venres pola tarde arrinca a 50ª edición da Volta a Palencia para corredores Sub 23 e o domingo celébrase en Xinzo de Limia o Campionato de Galicia de Contrarreloxo.

Aída Valiño: A campioa retornará á competencia en Ourense coas cores do Club Ciclista Rías Baixas

Correo-e Imprimir PDF

Aida ValinhoAída Valiño, campioa española de triatlón en media distancia, e membro do equipo feminino do club miñorano de ciclismo debutará nesta tempada na contrarreloxo de Xinzo de Limia (Ourense). Será a súa primeira competición como ciclista tralo accidente o pasado abril durante un adestramento.

O fará no marco do Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual. A lucense (residente en Pontevedra) “está recuperada do accidente que a finais de abril truncou o seu planificación para este ano”, sinalan dende o gabinete de comunicación do Club Ciclista Rías Baixas.

O torneo de tenis-praia de Panxón acada un récord autonómico de participantes na disciplina.

Correo-e Imprimir PDF

tenis-praia-panxonCun récord de 60 inscritos o torneo de tenis praia de Panxón dará inicio pese os prognósticos de choiva.

Serán 30 parellas de toda Galicia as que competirán dende este venres na 3ª edición do AGTP de tenis-praia de Panxón. Todo un récord de participación segundo dá coñecer a organización deste torneo que terá inicio este venres ás 16 horas. Mas os prognósticos meteorolóxicos para a fin de semana fan que o calendario estipulado inda teña carácter provisional pois en caso de choivas terían lugar variacións.

O Rías Baixas acadou o recoñecemento dos tres alcaldes do Val Miñor pola promoción do ciclismo.

Correo-e Imprimir PDF

3alcaldes-riasbaixasO alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu esta mañá no Concello a unha representación do Club Ciclista Rías Baixas. Nese encontro o rexedor transmitiu o recoñecemento á entidade con sede en Nigrán polo seu esforzo e dedicación na promoción deste deporte.
Ao acto asistiron tamén os alcaldes de Baiona e Gondomar, Jesús Vázquez Almuíña e Paco Ferreira, así como José Antonio Vilán, vicerreitor da Universidade de Vigo (colaboradora do club) e o presidente do club, José Luís Chamorro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL