Aída Valiño, campioa española de triatlón en media distancia, e membro do equipo feminino do club miñorano de ciclismo debutará nesta tempada na contrarreloxo de Xinzo de Limia (Ourense). Será a súa primeira competición como ciclista tralo accidente o pasado abril durante un adestramento.
O fará no marco do Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual. A lucense (residente en Pontevedra) “está recuperada do accidente que a finais de abril truncou o seu planificación para este ano”, sinalan dende o gabinete de comunicación do Club Ciclista Rías Baixas.
A competición, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e o CC Ourensán, arrincará o domingo ás 10:00 horas dende o Hipódromo de Sandiás.
Todo un desafío para a recuperación da laureada atleta e ciclista, cuxos pasos nas competencias acadan repercusión en toda España. Neste senso o palmarés na disciplina a acompañan. Salientan entre outros os títulos de campioa de Galicia en contrarreloxo individual obtidos en 2011 e 2013. A 5ª praza no Campionato de España de Contrarreloxo Individual en 2013. Canda eles, Aída Valiño gañou 3 campionatos autonómicos de fondo en carreira.
Aser polo 8º título
Na mesma competencia na clase Élite, Aser Estévez procurará o seu oitavo título na especialidade. O guardés que defende as cores do club de Nigrán é recoñecido como o favorito para alzarse coa proba. Xoel Dias será o representante do Club Ciclista Rías Baixas en Sub 23.