Nigrán prepara un mes cargado de actividades có gallo do Día das Letras Galegas 2018.
A homenaxeada este ano é a escritora e profesora María Victoria Moreno, un dos faros da literatura infantil e xuvenil galega e unha figura comprometida coa lingua e coa cultura de noso. Para impulsar esta homenaxe, a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a CRTV, en colaboración da familia da autora, promoven unha programación especial de iniciativas diversas por todo o territorio, co fin de dar a coñecer e de poñer en valor a obra de María Victoria Moreno.
Ampliar imaxe para ver programación.