Mércores, 4 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Tecnoloxía

Obradoiro de introdución á programación con OpenFrameworks en Nigrán con Horacio González Diéguez.

Correo-e Imprimir PDF

Dombis 1687-800x500Este obradoiro achegará unha introducción á programación de código aberto con OpenFrameworks da man do profesor Horacio González Diéguez. O mesmo terá lugar entre os días 28 ao 30 de xaneiro na Casa Colorida de Nigrán, Rúa Rosalía de Castro, 16. O curso ten un límite de 10 prazas e abrangue a instalación e configuración de OpenFrameworks en Ubuntu, a manipulación creativa de exemplos, a utilización de addons e o desenvolvemento dunha pequena aplicacións dende cero. As inscricións deben dirixirse ao enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Descrición Obradoiro:

Código, glitch e creatividade. Obradoiro de introdución a OpenFrameworks (http://openframeworks.cc/) e as súas posibilidades no ámbito audiovisual a través do traballo de Horacio González nos colectivos VHPlab e Ulobit.

A Xunta de Galicia achega recursos en rede para os Reis Magos.

Correo-e Imprimir PDF

valentin garcia reis magosA Rede de Dinamización Lingüística dispón de modelos de carta para axudar aos Reis Magos a responder en galego.

Pais e nais poderán axudarlles ás Súas Maxestades na confección das misivas a través de www.lingua.gal

Este recurso dixital enmárcase na programación de actividades do programa ´Nadal en Rede' que se estreou este martes por parte da Xunta de Galicia.

A ferramenta informática ten por obxectivo que pais, nais e os servizos de normalización dos concellos poidan axudar os Reis Magos a elaboraren, dun xeito doado, unha carta para responder en galego ás peticións que reciben dos máis cativos.

Primeiros pases do satélite Serpens por Vigo

Correo-e Imprimir PDF

SerpensAs primeiras sinais do satélite recibíronse en Brasil a última hora do xoves

O número de horas e pases sobre o campus é moi variable, pero a previsión é que sexan arredor de tres diarios

Este venres comezou cedo para os investigadores da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo. Aínda non eran as seis da mañá cando chegaron a estación de seguimento da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e, apenas corenta minutos despois, ás 06.41 horas, chegou o primeiro pase do Serpens, o terceiro picosatélite lanzado ao espazo pola Universidade de Vigo, e con el a confirmación “que a recepción era correcta”, explica o profesor Fernando Aguado, responsable da agrupación, “moi moi contento con esta nova”, explicaba a media mañá, cando xa se produciran tres novos pases, un arredor das oito, outro ás nove e media e outro sobre as once, o último previsto para hoxe.

Serpens o terceiro satélite lanzado ao espazo pola Universidade de Vigo xa está en órbita

Correo-e Imprimir PDF

spensersO primeiro pase útil do satélite por Vigo non se producirá ata este venres

O Serpens, o terceiro satélite lanzado pola Universidade de Vigo en pouco máis de tres anos, xa está en órbita.

Lamentablemente os integrantes da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, capitaneada polo profesor Fernando Aguado, non puideron seguir en directo, coma nos dous lanzamentos previos, o de Xatcobeo e Humsat-D, o momento da inxección en órbita, pero igualmente se reuniron na estación de seguimento da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación para seguir ao minuto o que estaba a acontecer na Estación Espacial Internacional (ISS).

Un vídeo porno no teu Facebook? Ollo ao novo virus que pode por en risco o teu equipo

Correo-e Imprimir PDF

Facebook alerta de que as contas poden quedar comprometidas | Imaxe VM.infoUsuarios e usuarias da rede social alertan da propagación dun virus cun vídeo pornográfico no que aparecen etiquetados toda a súa rede de amigos.

Fabook advirte da peligrosidade do mesmo, e habilita unha páxina para denunciar os casos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL