Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Tecnoloxía

Google fai nevar no monitor

Correo-e Imprimir PDF

Let-it-snow-en-Google-600x350Google lanzou unha función do seu buscador para que neve. Só hai que escribir as palabras "Let it snow" (que chegue a neve, en inglés) no buscador para comece a nevar na pantalla.

Un sistema para controlar o ordenador co corpo gaña o primeiro premio da ‘Galiciencia’

Correo-e Imprimir PDF

premio-ciencia-webO dispositivo iKinect, que permite controlar o ordenador cos movementos do corpo sen necesidade de usar o rato e o teclado foi o gañador absoluto da 'Galiciencia 2011', organizado por Tecnópole e que conta co apoio da Consellería de Economía e Industria. Este proxecto foi o vencedor na categoría de 2º ciclo da ESO e gañador absoluto por impoñerse en puntuación aos dos outros dous equipos gañadores nas categorías de 1º ciclo da ESO e Bacharelato. Martín Alvarez, Adrián González e Luis Rodríguez, do IES O Couto (Ourense), adaptaron a cámara da videoconsola Xbox para que permitise unha interacción total do usuario cos controis de calquera ordenador.

O Val Miñor xa está no mapa virtual en 360 graos de Google

Correo-e Imprimir PDF

Ponte da Ramallosa vista dende Google Street View

O Val Miñor xa está no mapa virtual de Google Street View. Fai varias semáns, Google, a través da súa ferramenta 'Street View', permite xa percorrer de maneira virtual e a través de imaxes en 360 graos as principais estradas do Val Miñor.

A captura de imaxes comezou no pasado outono pero polo análise das imaxes parece que se consolidou no mes de maio de 2011, durante o periódo de eleccións municipais, así na rotonda de Ramallosa ou na Avda. Portugal podemos atopar as pancartas da campaña electoral, inmortalizadas na ferramenta virtual.

A Xornada Letras Galegas e Internet poderá ser seguida por Internet na súa totalidade.

Correo-e Imprimir PDF

xornadasgalegas_Programa-1Novos correctores, tradución automática en liña, recursos para nenos, e galego no teu móbil, son algúns das novidades e conferencias que incluirá a Xornada Letras Galegas e Internet. A Secretaría Xeral de Política Lingüística é a encargada da organización. O evento terá lugar en Santiago de Compostela esteo xoves 19 de maio. Tamén colaboran a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Secretaría Xeral de Medios. As xornadas poderán ser seguidas na súa totalidade por internet, dende as 10:30 ás 13:30. Os recursos lingüísticos que se presentan na xornada son" aplicacións nas que a secretaría xeral está a colaborar para contribuír á calidade da lingua e ao seu prestixio social, que lle ofrecerán á cidadanía novas oportunidades para sentirse máis segura traballando e comunicándose en galego no lecer e nas relacións a distancia.", informan dende a Xunta de Galicia.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL