Luns, 4 Dec. 2023

Actualizado07:21:59 AM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Buscan un vigués que falta do domicilio desde o sábado

Correo-e Imprimir PDF

Trátase de José Miguel Fernández Roldán, de 55 anos, 1,65 de estatura e de complexión delgada, explica na información difundida sobre o caso.

O home ten pelo negro, ollos castaños e barba e facilitáronse dous números de teléfono para axudar na súa localización: 649 952 957 e 617 126 909.

Galicia sitúase cunha incidencia que supera o final de verán de 2020

Correo-e Imprimir PDF

Nas últimas 24 horas houbo 116 novos contaxiados.

Galicia inicia esta semana cunha repunta dos novos contaxios de Covid-19 a 630 e unha subida dos casos activos a 5.058, mentres que a taxa de positividade dispárase a un 8% e os pacientes hospitalizados por este coronavirus descenden lixeiramente a 66.

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, a área sanitaria de Vigo continúa sen ingresados en críticos e baixan a cinco os doutras unidades –tres menos–.

MÁIS DE 1.000 CASOS

Pola súa banda, os casos activos de Covid-19 superan os 5.000 ao elevarse a 5.058, que supoñen 497 máis que a xornada anterior ao haber máis contaxios (630) que altas (133). Con respecto a fai sete días, representan máis do dobre, xa que o luns pasado –5 de xullo– había 2.466. Deste xeito, sitúanse en niveis de finais de febreiro deste ano. Por áreas sanitarias, as infeccións activas ascenden de maneira máis acusada na de Vigo (+98), que segue á cabeza, con 1.058 casos.

MÁIS DE 600 NOVOS CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 en Galicia seguen por encima do medio milleiro desde o venres pasado e disparáronse a 630, que implican 111 máis que os 519 rexistrados o domingo e 25 menos que os 655 do sábado. Por tanto, os positivos mantéñense por encima dos 200 desde o xoves 1 de xullo e do centenar desde o 24 de xuño.

En toda Galicia foron confirmados 630 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, dos cales 116 corresponden á area de Vigo.

Concentración na Ramallosa: Convidan a vestir de negro en repudio aos asasinatos machistas.

Correo-e Imprimir PDF

violencia vigoEstá convocada para este martes 20 de decembro ás 20 horas unha concentración en repudio da violencia machista na contorna da Ponte da Ramallosa. Os colectivos Asociación de Mulleres Área Loura, Comando Ghichas e mais o Grupo de Acción e Concienciación Social do Val Miñor asinan esta convocatoria na que se solicita concorrer vestido de negro en sinal de loito e repudio polos recentes asasinatos de dúas mulleres esta fin de semana en Galicia e mais outra vítima da violencia machista en Tarragona.

O traslado de material esterilizado dende POVISA ao Hospital Cunqueiro provoca atrancos nas intervencións.

Correo-e Imprimir PDF

denuncia privatizacion esterilizacionA federación de Saúde da CIG de Vigo esixe unha solución definitiva para os problemas existentes na central de esterilización do hospital Álvaro Cunqueiro, que obrigan ao Sergas a enviar o material ao centro privado Povisa alegando que se trata dunha medida temporal. Dende a central lembran que as eivas no servizo prodúcense dende a súa posta en marcha e acusan a Xerencia da EOXI de "incapacidade para xestionar con eficiencia e seguridade a sanidade pública".

A CIG denunciou hai 10 días que o material cirúrxico do hospital Álvaro Cunqueiro estaba sendo enviado a Povisa para a súa esterilización, "segundo o Sergas como medida temporal para permitir a posta en marcha da nova central de esterilización".

Segundo lembran, os problemas co material e a súa esterilización son constantes dende a posta en marcha do novo hospital e da reestruturación da actividade cirúrxica. "O feito de que aínda hoxe se estea a poñer en marcha a nova central de esterilización e se tomen medidas temporais para solucionar os problemas, seis meses despois da entrada en funcionamento do centro, indica a incapacidade da Xerencia da EOXI de Vigo para xestionar con eficiencia e seguridade a sanidade pública".

Impulsan nos concellos unha declaración para deixar o Val Miñor “libre do uso de herbicidas”.

Correo-e Imprimir PDF

sprayweedO Comando Ghichas está levando a cabo unha campaña contra o uso de herbicidas no Val Miñor. Procuran impulsar nos concellos mocións que declaren aos mesmos libres do uso de herbicidas. Membros do colectivo sinalan que que xa deron "entrada por rexistro á moción no concello de Nigrán e farémolo mesmo no de Gondomar".
Neste senso convocan unha charla informativa baixo o título "Perigo! Zona Fumigada. Velenos no ambiente", na Asociación Veciñal San Martiño de Borreiros (rúa Sobreiro s/n). A mesma terá lugar este venres 1 de abril ás 20 horas e estará presidida por un informe de César Lema, doutor en bioloxía.

Impulsan nos concellos unha declaración para deixar o Val Miñor “libre do uso de herbicidas”.

Correo-e Imprimir PDF

sprayweedO Comando Ghichas está levando a cabo unha campaña contra o uso de herbicidas no Val Miñor. Procuran impulsar nos concellos mocións que declaren aos mesmos libres do uso de herbicidas. Membros do colectivo sinalan que que xa deron "entrada por rexistro á moción no concello de Nigrán e farémolo mesmo no de Gondomar".
Neste senso convocan unha charla informativa baixo o título "Perigo! Zona Fumigada. Velenos no ambiente", na Asociación Veciñal San Martiño de Borreiros (rúa Sobreiro s/n). A mesma terá lugar este venres 1 de abril ás 20 horas e estará presidida por un informe de César Lema, doutor en bioloxía.

Detidos doce supostos integrantes da banda responsable de varias liortas nas madrugadas da Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

Impútanselles numerosos delitos contra a integridade física das persoas. Está previsto que algúns pasen a disposición xudicial.

No operativo, que continua aberto, leváronse a cabo detencións de xeito simultáneo en edificios e casas de oito rúas do centro da cidade de Vigo. Os arrestados atópanse nas dependencias da Garda Civil á espera de pasar a disposición xudicial.

Ecoloxistas denuncian unha nova intervención agresiva na Serra da Groba en zona protexida.

Correo-e Imprimir PDF

mougas zonagrobaVerdegaia xunto colectivos ecoloxistas e culturais do Val Miñor denuncian a afectación de lugares protexidos na Serra da Groba, por mor dun conxunto de obras contratadas pola Comunidade de Montes de Mougás. Nomeadamente a desfeita tería lugar na braña do Campo do Costado, no nacemento do río Mougás.

Segundo dan conta, as obras, contratadas pola Comunidade de Montes de Mougás e financiadas con Fondos Europeos Feader, consistiron "no peche perimetral, desbroce sistemático, subsolado e plantación dunha superficie aproximada de 30 ha. na conca alta do río Mougás, que está poboada por 5 hábitats de interese comunitario incluídos na Directiva 92/43/CE: Pendentes rochosas silíceas con vexetación casmofítica (código 8220), Ríos de piso colino a montano, con vexetación de Ranunculion fluitantis (Código 3260), Breixeiras secas europeas (código 4030), Formacións herbosas con Nardus (código 6230) e Breixeiras húmidas atlánticas con Erica ciliaris (código 4020). Estas dúas últimas coa consideración de 'hábitats prioritarios' na lexislación europea".

Nigrán proporá a prórroga dos servizos de emerxencia GES até finas de 2018 á Mancomunidade do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

grupo-emergencias"É un servizo esencial porque vela pola protección das persoas e do patrimonio e, ao mesmo tempo, supón un aforro de cartos importante para os tres concellos", argumenta González.

O Concello de Nigrán, co seu alcalde Juan González ao frente, estrea mañá a súa presidencia da Xunta da Mancomunidade do Val Miñor coa única proposta da orde do día de prorrogar, se procede, a actividade do GES (Grupo de Emerxencia Supramunicipal) ata o 31 de decembro de 2018 grazas a nova proposta de convenio supramunicipal. Nigrán ostenta dende o 1 de xaneiro a presidencia e o fará durante todo o ano 2016. Como é habitual, a Xunta terá lugar no Salón de Plenos da Casa Consistorial do Concello de Baiona ás 13.30 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL