Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Feijóo pide o voto aos socialistas para asegurar a victoria do PP nos concellos do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

feijoo mitinO presidende da Xunta, Núñez Feijóo fai alusión a un posible pacto PSOE – PODEMOS e chama aos votantes socialistas a que esta vez apoien ao PP para impedir ese pacto no Val Miñor así como a chegada de "asesores de gobernos venezolanos".

As palabras do xefe do PP foron interpretadas no que se denomina a estratexia de campaña do "voto do medo", e dende PODEMOS aclaran que a formación non participa nestas eleccións muncipais como partido, nin apoian formalmente a ningúnha formación dado que a decisión non foi refrendada pola asamblea ainda que puntualizan que membros de PODEMOS Nigrán integran a candidatura da coalición Nigrán Decide - SON.

Os alcaldes populares do Val Miñor queren gobernar catro anos máis.

Correo-e Imprimir PDF

afectados preferentes rafael louzan alcaldes val minor-Os tres alcaldes populares do Val Miñor procurarán a reelección na vindeiras municipais.
Así queda confirmado trala publicación das candidaturas no boletín oficial da provincia desta xornada.Ademais, Jesús Vázquez Almuíña (Baiona), Fernando Guitián Guitián (Gondomar) e Alberto Valverde (Nigrán), aínda que con matices, confirman os equipos cos que gobernaron no mandato 2011-2015.

Manifesto Miñor inicia un proceso de primarias aberto a toda a cidadanía.

Correo-e Imprimir PDF

manifesto minhorDende este venres 13 de marzo até o vindeiro mércores 18 a plataforma Manifesto Miñor recibirá candidaturas persoais dentro do proceso interno de eleccións primarias cara ás municipais de maio. Convocatoria que está aberta "a toda a cidadanía do Val Miñor", segundo comunicado emitido este xoves pola noite.

EU procura candidaturas de confluencia após a elección de alcaldables en Gondomar e Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

josue-villarA ratificación de Josué Villar (Gondomar) e José Cuevas (Nigrán) como cabezas da agrupación e posibles alcaldables nas municipais de maio foron decisións tomadas nas asembleas locais de Esquerda Unida nesta semana. Ao mesmo tempo, ambos os dous candidatos quedaron mandatados ca fin de desenvolver un proceso de confluencia cara a acadar candidaturas unitarias de esquerda nos respectivos concellos.

O Manifesto Miñor constitúese como partido instrumental: “Aquí todo o mundo ten cabida”.

Correo-e Imprimir PDF

mani minhorO Manifesto Miñor constitúese como partido e presentará candidaturas en Baiona, Gondomar e Nigrán.Así foi anunciado este mediodía en rolda de prensa celebrada na antiga estación do tranvía da Ramallosa. As mozas Eva del Valle (Baiona), Iris Malvido (Gondomar) e mais Silvia Villar (Nigrán) son as asinantes oficiais do novo partido miñorano, que terá carácter “instrumental”, co xeito de permitir o acceso dos candidatos desta plataforma veciñal tanto ás corporacións municipais  como á deputación provincial.

A Garda Civil intensificará os controis de alcoholemia e drogas a condutores durante o Entroido.

Correo-e Imprimir PDF

control-guardia--647x231Dende este venres 13 até o domingo 22 de febreiro patrullas da Garda Civil desenvolverán unha campaña de vixilancia en "todo tipo de carreteiras" e "a calquera condutor" con fin de disuadir a condución baixo efectos do alcohol e as drogas. Advirten que o binomio alcohol e drogas é "sinónimo de morte", polo que axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil comprobarán que os condutores cumpran a normativa vixente.

Baiona acollerá este sábado a II Asemblea da plataforma cidadá Manifesto Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

Nesta xuntanza terá lugar a posta en común dos traballos desenvolvidos en diversas comisións así como a posta a debate e aprobación dun decálogo e estatutos que rexerán orgánica e xuridicamente a este movemento. A reunión aberta a todo público,  terá lugar este sábado 7 de febreiro ás 18 horas no baixo da Praza de Abastos de Baiona (Rúa Carabela la Pinta nº 11).

Máis de 70 voluntarios anótanse nas comisións de traballo que darán pulo ao Manifesto Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

DSCF0673As bases políticas e organizativas que rexerán as candidaturas de unidade veciñal nos tres concellos do Val Miñor serán definidas a partir de informes e propostas xurdidas das comisións de traballo que integrarán cidadás a título persoal. Máis de 70 veciños dos tres concellos miñoranos comprometéronse a integralas o pasado sábado no Hotel Miramar, onde coa presenza de próximo a 150 persoas, tivo lugar a primeira asemblea aberta do Manifesto Miñor.

Profesores do Val Miñor instalarán aulas nas rúas para amosar as desfeitas dos recortes no Ensino.

Correo-e Imprimir PDF

mestres-marea-verdeObradoiros de plástica, música, filosofía, xunto con actividades de expresión artística, contos e xogos matemáticos serán desenvolvidas en espazos públicos por mestras, profesores e membros das comunidade educativa dos centros de ensino do Val Miñor. Nucleados na Marea Verde en defensa do Ensino Público, vén de rematar o primeiro informe dun Observatorio da Educación, creado na bisbarra, no que salienta a diminución dos recursos humanos e materiais que denuncian están a prexudicar gravemente a atención educativa de cativos e mozos que acoden ás aulas en Baiona, Gondomar e Nigrán.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL