Xoves, 26 Nov. 2020

Actualizado03:05:36 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

O Colexio de Xornalistas reclama á Consellería de Sanidade transparencia sobre os datos da COVID-19

Correo-e Imprimir PDF

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), remitiu esta semana unha carta ao recentemente nomeado como conselleiro de sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña. Na misiva, tras darlle os parabéns e desexarlle éxito no cargo, o decano do CPXG exprésalle a súa preocupación polas dificultades que están a ter os e as xornalistas para acceder á información no cadro da crise sanitaria da COVID-19.

O Colexio de Xornalistas lembra que a Xunta de Galicia ten o deber de divulgar todos os datos sobre a pandemia de maneira accesible para toda a cidadanía, e que o artigo 20 da Constitución Española recoñece o dereito a comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión. A libre disposición dos datos sobre a pandemia para os medios e a cidadanía en xeral permitiría ás e aos profesionais da información analizar toda unha serie de elementos epidemiolóxicos, socioeconómicos e demográficos que poden contribuír a entender mellor o desenvolvemento da pandemia.

Porén, Galicia é neste momento, xunto a Estremadura, a autonomía máis opaca do Estado na comunicación de datos sobre a Covid-19, e só algúns autos xudiciais feitos públicos polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia permiten coñecer parcialmente algúns datos pormenorizados sobre a enfermidade, o que provoca ademais unha disparidade na información dispoñíbel.

Por todo isto, o decano do Colexio de Xornalistas solicítalle ao conselleiro de sanidade que todos os datos nos que se basean as decisións que está a tomar a Consellería de Sanidade sexan abertos para a súa consulta tanto para os e as xornalistas como para a poboación en xeral. En concreto, reclámase coñecer os casos novos diarios, o tipo de test polo que foron obtidos ou a incidencia acumulada nos diferentes municipios e dispoñer desta información en formatos de datos abertos e reutilizables, inseridos en series históricas completas, que que permitan un seguimento puntual da incidencia da COVID-19 como o que se está a facer na maioría das Comunidades Autónomas.

Sexaxenario detido por ameazar viandantes cun coitelo.

Correo-e Imprimir PDF

policiaNacionalespaldaA orixe do incidente podería ser a negativa a deixalo entrar no albergue vigués de Marqués de Valterra minutos antes, por ter protagonizado incidentes graves con outros usuarios en días previos, segundo a Policía Nacional

Aparentemente o agora detido quixo entrar no albergue social vigués de Marqués de Valterra e non lle deixaron. O home montou en cólera a comezou a berrar e ameazar aos viandantes esgrimindo un coitelo. Tralo susto e a impresión pola escena varias persoas alertaron ás autoridades no teléfono 091.

Máis de 14.000 galegos foron expedientados por responsabilidade civil ou política durante o franquismo.

Correo-e Imprimir PDF

2016-06-29 represionfranqujistaJulio Prada analiza no seu último libro a represión económica en Galicia desde 1936 ata 1945.

O medo a ser sancionado converteuse ademais nunha valiosa e eficaz arma de disuasión e intimidación do réxime.

Subscricións patrióticas non tan voluntarias; multas; incautacións regulares e irregulares de toda clase de bens á marxe das requisas por necesidades de guerra e expedientes de responsabilidade civil ou política. Primeiro para o financiamento do conflito bélico e despois, na posguerra, como forma de castigo e disuasión regulada, o franquismo desenvolveu tamén unha represión de natureza económica que tivo as súas propias vítimas e verdugos. No seu último libro, titulado Marcharon con todo. La represión económica en Galicia durante el primer franquismo, o historiador Julio Prada analiza ao detalle esta cuestión. Aínda que recalcando a provisionalidade dos datos ante a dificultade ou imposibilidade de acceder a toda a documentación precisa, o profesor da Facultade de Historia do campus de Ourense apunta que ata o ano 1945 o réxime abriu expediente civil ou político a máis de 14.000 persoas sospeitosas de ser esquerdistas ou de non ter un comportamento "acorde coas novas circunstancias".

Axentes do Posto Baiona-Nigrán da Garda Civil rescatan a un xinete accidentado no Zamáns.

Correo-e Imprimir PDF

garda civil monteA Garda Civil rescatou a un xinete que perdeu o control do cabalo e caeuse nas inmediaciones do merendeiro de Zamáns.

O operativo de procura, na que participou unha patrulla de seguridade cidadá do Posto Principal da Garda Civil Baiona-Nigrán e unha dotación do 061 Val Miñor, activouse cando o Centro Operativo Complexo (COC) da Garda Civil (Tlf. 062) recibe a alerta de que unha persoa caeuse do cabalo, nun punto non determinado, próximo ao merendeiro de Zamáns, provocándose unha lesión nas costas que o tiña inmobilizado.

Con un prezo de 4 millóns de euros sae á venta un dos pazos históricos do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

pazo vilares sillonesA oferta salienta a súa orixe nobre, fogar da liñaxe dos Arines Troncoso y Sotomayor e posteriormente doutras familias poderosas de Galicia. Construído en 1725 esta peza arquitectónica se anuncia como "ben conservada", nos seus máis de 800m² construídos en dúas plantas, con 200m² máis de edificacións auxiliares e situada nunha finca de 10 hectáreas. Trátase do histórico pazo de Vilarés, localizado no lugar do mesmo nome da parroquia de Vilaza, no concello de Gondomar.

Nos últimos anos foi reconvertido como lugar de festas e celebracións privadas. Dende a semana pasada está a venda por un valor de catro millóns de euros. A cargo da inmobiliaria viguesa RE/MAX Balaídos, a venta do pazo súmase á lista de bens históricos miñoranos que nos últimos anos ingresaron ao mercado inmobiliario.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL