Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Orden de afastamento de 500 metros da discoteca da Ramallosa para os Chukis liberados .

Correo-e Imprimir PDF

chukisLevan un ano involucrados en asaltos, liortas, agresións e delitos de diversa índole na contorna da discoteca da Ramallosa segundo a Garda Civil.  Presúmese que acadan próximo ao medio centenar de integrantes que responden aos líderes do grupo, agora detidos. Tras un ano de operativos a Garda Civil (Baiona-Nigrán) co apoio da Policía Local de Nigrán lograron cercar esta banda cualificada como “violenta” que opera no Val Miñor para impoñer “a súa lei” entre a mocidade da comarca. Arrestaron a doce deles mais a xustiza deixou en liberdade con cargos á maioría.

Agás dous de seus líderes os presuntos integrantes da banda criminal Chukis están de novo nas rúas. A xuíza do Xulgado número 5 de Vigo decretou a liberdade con cargos aos detidos polas forzas de seguridade tras as liortas e agresións que tiveron lugar a pasada fin de semana na contorna da discoteca Ramallosa 2000 . A medida está acompañada dunha orde de afastamento  de 500 metros da discoteca da rúa Manuel Lemos.

O alumnado do CEIP Humberto Juanes dá inicio ao Entroido de Nigrán cun desfile nas portas do Concello.

Correo-e Imprimir PDF

entroido-infantil-nigran-3O alumnado do CEIP humberto juanes inaugura o entroido nigranense cun desfile no centro de Nigrán

O firmamento das Illas Cíes ingresa ao selecto grupo dos destinos turísticos “Starlight”

Correo-e Imprimir PDF

observando-el-firmamento5A Xunta presentou hoxe na feira internacional de turismo en Madrid (Fitur) un novo produto turístico baixo o nome "Starlight en espazos protexidos: o que a noite esconde".

A iniciativa baséase na certificación que o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas recibiu hoxe e que o acredita como "Destino turístico Starlight".

Este recoñecemento outórgase a aqueles enclaves que gozan de excelentes calidades para a observación de estrelas, que están protexidos da contaminación luminosa e que contan coas instalacións idóneas.

Detidos en Nigrán 3 mozos presuntos autores de 11 roubos en comercios da comarca.

Correo-e Imprimir PDF

incautacionGondomarGCActualización das 23:30 horas
A Policía Local de Nigrán sinala que unha patrulla desa comisaría foi quen efectuou a detención dos tres supostos integrantes da banda que cometeu once roubos en comercios da comarca. Engaden que os feitos ocorreron ás 4 da mañá desta madrugada do 8 de xaneiro no interior dun vehículo da rúa Torrente Ballester, sentido Vigo, á altura do km 14,500 da PO 325.

A identificación e posterior detención dos tres individuos produciuse tras establecer un dispositivo de estacionamientos preventivo no municipio ao ter coñecemento por medios policiais do roubo en O Porriño e Baiona (e non en Gondomar como se informara na tarde), a cargo de ocupantes dun Seat Altea branco.

Engaden que realizada unha primeira inspección do vehículo áchase no seu interior os seguintes efectos: Ordenador portátil marca ASUS sen batería, 25 tabletas de chicles, un cartón cunha ducia de ovos, unha carteira negra con 16,40 euros en moedas e unha chaqueta negra.

Ao lugar desprazouse en apoio de patrulla de Nigrán outra da de Policía Local de Baiona (e non de Gondomar como se sinalara anteriormente) e outra da Garda Civil do Posto Principal de Baiona, acordándose o traslado tanto dos identificados como dos efectos antes apuntados ao Posto Principal da Garda Civil de Baiona para realizar as xestións tendentes á plena identificación destas persoas e posible esclarecimiento dos feitos.

O vehículo foi trasladado en guindastre a depósito múnicipal de Nigrán.

...............................................................................................................................................................................................................................................................

Foron interceptados en Nigrán na madrugada logo de cometer dous roubos en Gondomar e O Porriño.

Entraban nos locais forzando as cerraduras e apropiábanse da recaudación das máquinas registradoras e tragaperras.

A Garda Civil detivo a tres mozos, veciños de Vigo, como integrantes dun grupo criminal, aos que se lles imputa a presunta comisión de máis dunha decena de roubos en establecementos comerciais no Val Miñor e concellos veciños.

Mensaxe de fin de ano de Núñez Feijóo: “No mundo real non hai paraísos”

Correo-e Imprimir PDF

nunhezfeijoofindeano"No mundo real non hai paraísos, pero sí marcos de convivencia que permiten solucionar ou paliar esas situacións", afirmou na súa mensaxe de fin de ano Alberto Núñez Feijóo. Fixo fincapé na imaxe de Galicia como "fogar", onde se ten superados "traumas do pasado" e se ten acadado o recoñecemento internacional pola súa "estabilidade" social.

Propagada nas canles oficias da Xunta de Galicia en Internet, a mensaxe en vídeo do presidente non chega ás 300 visitas en Youtube. O presidente da Xunta quixo destacar as novas medidas a prol da natalidade no seu discurso de Fin de Ano. Fíxoo tanto no contido como nas formas, ao escoller unha escola de educación infantil como escenario da alocución.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL