Domingo, 15 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Sociedade Detidos en Nigrán 3 mozos presuntos autores de 11 roubos en comercios da comarca.

Detidos en Nigrán 3 mozos presuntos autores de 11 roubos en comercios da comarca.

Correo-e Imprimir PDF
incautacionGondomarGC

Actualización das 23:30 horas
A Policía Local de Nigrán sinala que unha patrulla desa comisaría foi quen efectuou a detención dos tres supostos integrantes da banda que cometeu once roubos en comercios da comarca. Engaden que os feitos ocorreron ás 4 da mañá desta madrugada do 8 de xaneiro no interior dun vehículo da rúa Torrente Ballester, sentido Vigo, á altura do km 14,500 da PO 325.

A identificación e posterior detención dos tres individuos produciuse tras establecer un dispositivo de estacionamientos preventivo no municipio ao ter coñecemento por medios policiais do roubo en O Porriño e Baiona (e non en Gondomar como se informara na tarde), a cargo de ocupantes dun Seat Altea branco.

Engaden que realizada unha primeira inspección do vehículo áchase no seu interior os seguintes efectos: Ordenador portátil marca ASUS sen batería, 25 tabletas de chicles, un cartón cunha ducia de ovos, unha carteira negra con 16,40 euros en moedas e unha chaqueta negra.

Ao lugar desprazouse en apoio de patrulla de Nigrán outra da de Policía Local de Baiona (e non de Gondomar como se sinalara anteriormente) e outra da Garda Civil do Posto Principal de Baiona, acordándose o traslado tanto dos identificados como dos efectos antes apuntados ao Posto Principal da Garda Civil de Baiona para realizar as xestións tendentes á plena identificación destas persoas e posible esclarecimiento dos feitos.

O vehículo foi trasladado en guindastre a depósito múnicipal de Nigrán.

...............................................................................................................................................................................................................................................................

Foron interceptados en Nigrán na madrugada logo de cometer dous roubos en Gondomar e O Porriño.

Entraban nos locais forzando as cerraduras e apropiábanse da recaudación das máquinas registradoras e tragaperras.

A Garda Civil detivo a tres mozos, veciños de Vigo, como integrantes dun grupo criminal, aos que se lles imputa a presunta comisión de máis dunha decena de roubos en establecementos comerciais no Val Miñor e concellos veciños.

As detencións leváronse a cabo durante a madrugada do día de hoxe a raíz do dispositivo de servizo montado para a localización dos ocupantes dun vehículo (Seat-Altea) que entre as 3:00 e as 4:00 horas da madrugada perpetraran dous roubos: un deles nunha cafetería da localidade de O Porriño e o outro nunha frutería de Gondomar.

A raíz do despregue levado a cabo por efectivos do Posto Principal da Garda Civil Baiona-Nigrán, coa estreita colaboración das Policías Locais de ambas localidades, ás 5:45 horas da madrugada de hoxe foi interceptado o vehículo nunha rúa de Nigrán, procedéndose á detención dos seus tres ocupantes: F.S.R., de 28 anos, C.E.B., de 23 e JD.M.B., de 24, todos eles veciños de Vigo.

No interior do vehículo púidose localizar un ordenador portátil, que fora subtraído na cafetería de O Porriño, un cartón de ovos e 25 paquetes de chicles que procedían da frutería de Gondomar, ademais de útiles e ferramentas utilizadas para cometer os feitos delituosos.

En base ás investigacións que a Garda Civil do Posto Principal de Baiona-Nigrán viña realizando sobre estes tres novos, que xa aparecían como sospeitosos doutros roubos cometidos na comarca, imputóuselles a comisión de once roubos que se perpetraron durante o pasado mes de decembro, a maior parte deles en bares e cafeterías, nas seguintes localidades: Nigrán (3), Baiona (2), Gondomar (2), OuPorriño (2), Salceda de Caselas (1) e Mos (1).

En todos os roubos investigados os delincuentes accedían ao interior dos establecementos forzando o bombillo das cerraduras e rebentaban os sistemas de pechadura das máquinas registradoras e recreativas para apropiarse das súas recaudaciones.

Os detidos, xunto cos efectos intervidos, serán postos nas próximas horas a disposición do Xulgado de Instrución núm. 4 de Vigo.