Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Cae banda de narcotraficantes con base na provincia de Pontevedra e redes en todo o Estado español.

Correo-e Imprimir PDF

coche Guardia CivilTras dous anos de investigación a Garda Civil logrou desarticular unha banda de narcotraficantes que introducía cocaína en contenedores a través do porto de Marín. Entre os detidos atópanse empresarios e traballadores de varios oficios, todos eles novos e sen antecedentes penais. A Organización traficaba logo en todo o Estado español.
Composta por persoas residentes nas provincias de Pontevedra, Ourense e Madrid; operaban desde facía anos, segundo a Garda Civil. Engaden que grazas ás dispersión xeográfica puideron pasar desapercibidos durante moito tempo.

A OMIX de #Gondomar abre inscricións para un curso de cestaría

Correo-e Imprimir PDF

am 515535 4989316 559008A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, a través do programa ACTIVATE da Deputación de Pontevedra vai impartir unha formación sobre un dos oficios mais antigos, a cestaría.

Homenaxe ás vítimas da represión franquista en San Simón

Correo-e Imprimir PDF

san-simon-embarqueO reclamo de xustiza e non esquecemento para as vítimas da ditadura franquista uniu a máis de 400 persoas este domingo no antigo campo de concentración da illa de San Simón. Convocados polas asociacións reunidas na Iniciativa Galega pola Memoria, participaron dun acto, este ano inspirado na lembranza das persoas exiliadas por causa da represión. A xuntanza, cun fondo carácter tamén emotivo, contou coa testemuño de Darío Rivas, quen aos 94 anos lidera a querela na Arxentina contra os responsables do xenocidio iniciado en 1936, entre cuxas vítimas atópase seu pai, alcalde de Castro Rei executado por falanxistas.

Nus nos areais de Canas

Correo-e Imprimir PDF

canas nusO convite é agruparse espidos nos areais de Canas , no limiar con Patos, despois das 5 da tarde. Exercer o dereito a estar nus nun espazo público sen ser molestados por quen non adoita tal costume. O pasado mércores fíxose a primeira chamada e captaron non só a atención dos medios e curiosos. Alguén chamou á policía local de Nigrán. Apostados no lugar os axentes observaron a situación máis entenderon que alí non se estaba a cometer ningún delito. O nudismo non está lexislado en Galicia. Levan xa catro días concorrendo e de momento sinalan que todo se desenvolve "con total normalidade".

Encaixamos procura un transporte público acondicionado para persoas con discapacidade no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

encaixamos portBaixo o lema "Encaixamos todos", o colectivo miñorano traballa arreo na procura de patrocinadores e axudas que permitan adquirir unha furgoneta acondicionada. A mesma beneficiaría a usuarios da bisbarra cuxa mobilidade hoxe depende só de servizos privados, sinalan membros do colectivo. O problema é importante advirten porque moitas persoas e familias non dispoñen de medios económicos suficientes para pagar todos os desprazamentos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL