Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Vídeo | Así abordaron o veleiro do clan dos “Peques” que navegaba cara a Galicia con 600 kg de cocaína.

Correo-e Imprimir PDF

Foto-1-velero-GaliciaO veleiro, cuxos dous tripulantes foron arrestados, pertence segundo a Policía Nacional, a unha organización de narcotransportistas galegos que foi desmantelada con outras 19 detencións en Pontevedra, Almería, Córdoba e Badaxoz

Só nos últimos tres meses, esta organización trataría de introducir en España mediante tres lanchas máis de 6 toneladas de haxix que foron tamén interceptadas

No rexistro da vivenda en Galicia dun dos arrestados os axentes acharon ademais un cultivo de 100 plantas de marihuana

A nave foi remolcada ao porto de Vigo

A Moda achegou un toque máxico á xornada solidaria nas instalacións do Casino de Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

moda-sabarisModa e compromiso social volveron ir da man esta fin de semana. O desfile organizado pola Asociación Encaixamos (Asociación de Persoas con Discapacidade do Val Miñor) foi todo un éxito cun marco de publico próximo ás 300 persoas. O evento tivo lugar nas instalación do Casino de Sabarís o pasado sábado 15 de agosto. Canda el un mercadillo benéfico para recadar fondos e axudar á Asociación Encaixamos no obxectivo de comprar unha furgoneta adaptada a persoas con mobilidade reducida.

Ás oito e media o evento finalizaba cun desfile no que máis de dez comercios participaron cedendo roupa e complementos. Todo un despregue estivo organizado por  Paula, artesán da firma Alma de Joya e o fotógrafo Humberto Anchia.

A Garda Civil detén ao suposto responsable de 29 incendios forestais.

Correo-e Imprimir PDF

garda civil incendioAs investigacións desenvolvidas evidencian a relación directa do imputado coa autoría dos incendios forestais ocorridos durante este ano na Golada, sinala a Garda Civil.

A Garda Civil identificou a un veciño da Golada (G.V.C., de 39 anos), que foi imputado pola presunta comisión de 29 delitos de incendio forestais, todos eles cometidos durante os últimos meses nos montes de distintas parroquias deste municipio da provincia de Pontevedra.

A raíz dos dispositivos de prevención de incendios forestais e as investigacións que se viñan desenvolvendo pola Garda Civil na comarca de Deza-Tabeirós, tívose coñecemento dos movementos sospeitosos dun turismo en diversos paraxes da comarca.

Incautan pertenzas a dous mozos de #Gondomar por presunta posesión de estupefacientes en #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigranA Policía Local de Nigrán interveu onte unha pistola simulada de plástico e sen capuchón identificativo e 0,5 gramos dunha substancia que aparenta ser cocaína a dous individuos de Gondomar de 26 e 47 anos. O suceso tivo lugar na tarde do domingo, cando a unha patrulla policial lle chamou a atención a presenza dun Opel Astra estacionado na rúa Otero Pedrayo con dous varóns no seu interior.

Os lumes da “raia” deixan pegada no ceo da tardiña miñorana . #Baiona #Gondomar # Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

ceominhorAs sombras das siluetas da Groba e o Galiñeiro acentúanse co efecto dun ceo cuberto polo fume procedente dos lumes de Portugal (Vilanova e Caminha) e Baixo Miño. O incendio que afectou 2 mil metros do monte de Santa Tegra sobre as 16 horas agravou a presenza de cinzas e fume no aire. Os ventos fixeron o seu e achegaron as cinsas e o fume ao Val Miñor.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL