Martes, 6 Dec. 2022

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

O dinosauro de Vigo arrasa nas redes sociais

Correo-e Imprimir PDF

o-DINOSECO-facebookCrean un perfil en FB e en twitter co famoso dinosauro instalado inicialmente na rúa Rosalía de Castro. O incendio de Freiremar serviu para facer numerosas composicións "memes" con este seto sauro.

Hai pouco máis de dous meses que o "Dinoseto", un seto con forma de dinosauro, é a nova atracción de Vigo. Primeiro o concello colocouno nun parque infantil de Navia, pero visto o seu éxito, decidiu trasladalo á céntrica rúa Rosalía de Castro, onde foi motivo de numerosos comentarios, críticas e artigos xornalísticos. Finalmente foi trasladado á praza da Princesa onde a acción da calar está a pasarlle factura ao animal.

Un bombeiro afectado mentres traballaba na extinción do incendio da conserveira de Vigo

Correo-e Imprimir PDF

incendio vigoUn incendio nunha nave de conxelados situada na Rúa Jacinto Benavente, en Vigo, obrigou ás forzas da orde a desaloxar ós operarios que ocupaban os seus postos de traballo na conserveira Albo.

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, salvo, un membro do equipo de extinción que tivo que ser atendido polos servizos sanitarios, ao sufrir unha sobrecarga calorífica mentres sufocaba o lume.

Encaixamos Val Miñor procura colaboradores para desfile de modas solidario

Correo-e Imprimir PDF

encaixamos eventoAberto o prazo de inscrición para o desfile benéfico organizado por Encaixamos (Asociación de Persoas con Discapacidade do Val Miñor) para recadar fondos para unha furgoneta adaptada.

Será o día 15 de agosto no Casino de Sabaris, de 11:30 ata as 22:30 horas.

O conto do “sobriño” valeulles para roubar en 15 vivendas de #Galicia.

Correo-e Imprimir PDF

botin oroAs vítimas eran sempre persoas de avanzada idade ante as que se presentaban como sobriños ou familiares distantes. Un dos dous integrantes da banda, realizaba labores de vixilancia e preparaba a ruta de fuxida, á vez que o outro enganaba á vítima e contáballe que ía a bautizar á súa filla e que quería invitala á celebración. Tras gañarse a súa confianza acompañábana á súa vivenda e pedíanlle que lle mostrase unhas xoias antigas para fotografalas e facer unhas iguais para o bautizo do bebé.

O piragüista olímpico Oscar Graña rescata a unha moza que precipitouse dunha ponte.

Correo-e Imprimir PDF

intervencion-granhaAxente da Policía Nacional e piragüista olímpico, Oscar Graña, rescatou na Ría de Pontevedra a unha moza que se precipitou desde unha ponte. Graña, que se atopaba fóra de servizo adestrando na súa embarcación, oíu un forte impacto no auga e, ao virarse, viu que se trataba dunha muller á que conseguiu subir parcialmente á súa piragua.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL