Venres, 6 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Sociedade Un bombeiro afectado mentres traballaba na extinción do incendio da conserveira de Vigo

Un bombeiro afectado mentres traballaba na extinción do incendio da conserveira de Vigo

Correo-e Imprimir PDF
incendio vigo

Un incendio nunha nave de conxelados situada na Rúa Jacinto Benavente, en Vigo, obrigou ás forzas da orde a desaloxar ós operarios que ocupaban os seus postos de traballo na conserveira Albo.

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, salvo, un membro do equipo de extinción que tivo que ser atendido polos servizos sanitarios, ao sufrir unha sobrecarga calorífica mentres sufocaba o lume.

Aínda así, os servizos sanitarios de urxencia mantiveron dende que comezou o incendio dúas ambulancias no lugar, por se nalgún momento fosen precisas. Pasadas as 12:00 horas deste mediodía, o CAE 112 Galicia recibía a chamada de varios particulares que alertaban do suceso.

As testemuñas indicaron que a gran fumareda apreciábase dende varias rúas. De inmediato, o 112 Galicia informou aos bombeiros da cidade e aos axentes da Policía Nacional e Local que, por precaución, tamén procederon a desaloxar un parque infantil situado preto da nave incendiada.

Dende o 112 Galicia tamén se pediu a intervención dos membros de Protección Civil de Vigo. Pese a varias horas de traballo e debido a que o lume pasou ao tellado da nave que contiña material illante, os efectivos de extinción lograron extinguir completamente o incendio, aínda que, segundo constataron, unha dotación permanecerá de retén no lugar por si se reavivara.

O persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia tamén foi informado do suceso. O incendio cuxa orixe foi no andar superior, arrasou por completo a nave que dedicaban ó almacenaxe de latas de conserva.