Mércores, 22 Nov. 2017

Actualizado12:46:23 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Roubo de datos deixa ao descuberto máis de 600 perfís de “aventureiros do sexo” no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

550anuncio ashley madison 4732 622xO roubo de información da rede social de contactos extra matrimoniais e "aventuras sexuais" de Ashley Madison, deixa pegada no Val Miñor. Esta empresa que xestiona e promove as “infidelidades matrimoniais” garantizando confidencialidade e anonimato, deixou ao descuberto a información de 286 usuarios en Nigrán, 117 en Baiona e 243 en Gondomar, segundo datos analizados pola empresa madrileña Tecnilógica. O 93% destes usuarios radicados na bisbarra son homes.

Avid Life Media, propietaria de Ashley Madison ofrece 500.000 dólares de recompensa a quen proporcione información sobre o grupo de hackers “Impact Team”.

O filtrado afecta a 30 millóns de usuarios no mundo.

Ingresa a prisión un presunto pederasta tras ser detido en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

coche Guardia CivilO arresto produciuse onte pola tarde no municipio de Nigrán. O detido, veciño Mondariz-Balneario , é considerado o suposto autor de agresión sexual a menores en Nigrán, Ponteareas e Mondaríz Balneario.

Tralo arresto foi trasladado no día de hoxe ao Xulgado Número Tres de Ponteareas, instrutor do caso, quen decretou o seu ingreso en prisión. Ao home impútanselle ademais os delitos de detención ilegal e lesións

Crónica: “Fusión entre moda e solidariedade nunha xornada máxica”

Correo-e Imprimir PDF

ana-directora-encaixamosO pasado sábado, 15 de agosto, o Casino de Sabarís convertíase no perfecto escenario para a unión entre moda e solidariedade. Baixo un ceo que non parecía augurar unha gran xornada estival, o acto comezaba a tomar forma coa instalación no recinto dun mercado solidario ao que o público puido acceder a partir das 11:30 da mañá.

Dende artesanía ata deliciosos doces, pasando por cosméticos, perfumería ou roupa, os produtos de algúns dos comercios colaboradores foron os protagonistas durante as primeiras horas do día.

Vigo baralla introducir as "turboglorietas". Chegarán ao Val Miñor?

Correo-e Imprimir PDF

turbo rotondaAs turbo glorietas preséntanse como unha alternativa posible para reducir os sinistros das actuais.

Vigo plantexa introducir este novo modelo de interseccións para reducir a segunda causa de accidentes en cidade. Un cambio que os miñoráns visitantes da cidade olívica terán que asimilar para poder conducir na cidade.

Vídeo | Así abordaron o veleiro do clan dos “Peques” que navegaba cara a Galicia con 600 kg de cocaína.

Correo-e Imprimir PDF

Foto-1-velero-GaliciaO veleiro, cuxos dous tripulantes foron arrestados, pertence segundo a Policía Nacional, a unha organización de narcotransportistas galegos que foi desmantelada con outras 19 detencións en Pontevedra, Almería, Córdoba e Badaxoz

Só nos últimos tres meses, esta organización trataría de introducir en España mediante tres lanchas máis de 6 toneladas de haxix que foron tamén interceptadas

No rexistro da vivenda en Galicia dun dos arrestados os axentes acharon ademais un cultivo de 100 plantas de marihuana

A nave foi remolcada ao porto de Vigo

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL