Xoves, 17 Aug. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Estás en Opinion O cruceiro de San Campio

O cruceiro de San Campio

Xa cantou o cuco

Correo-e Imprimir PDF

val1Si, xa se oíu o canto do cuco e iso quere dicir nestas bisbarras que acabou a tempada na que a lamprea, ese estraño e prehistórico peixe, sobe polos ríos galegos para asentar neles o desove do que nacerán as crías que despois dunha longa viaxe polos mares oceánicos atlánticos volverán ao mesmo lugar cerrando o seu ciclo vital, xa deixou de estar no seu máis alto punto da exquisitez gabada polos “gourmet” e xentes das ribeiras do Tambre, do Ulla, do Miño,.. cociñadas de moitos xeitos, prevalecendo a guisada á “bordalesa”.

Este verán

Correo-e Imprimir PDF

esteveranDespois dunha longa e dura invernía chea de galernas –agora chamadas ciclogenesis- que coma é habitual apoiaron o mar, que esta cabreado polas invasións dos seus terreos que fai o descontrolado urbanismo, para rebentar o muro do chamado Paseo Marítimo de Panxón, os meteorólogos adiantan que o verán  esta a chegar nestes vindeiros días. Así é que logo veremos ó grupo de veciños se xuntan nun recuncho do tal Paseo que esta perto da saída que vai ó camiño do Regueiro para tomar o sol e mirar como se pon por detrás do castro que coroa e protexe do nordés o porto pesqueiro. Nese recuncho vano axeitando con cadeiras, mais ou menos vellas, un taboleiro entre dous poios de ladrillos que fai de banco e ata unha sombrilla, todo iso na beirarrúa e seguro que sen pagar o imposto que o Concello cobra a os bares pola ocupación do terreo do Concello  Se cadra botan unha partida de tute ou unha brisca e falan, falan de abondo de todo, non queda nada sen repaso.

A Volta dos Nove

Correo-e Imprimir PDF

Diapositiva1

De rapaces, alá polos anos cincuenta, xuntabámonos na Ramallosa uns que vivían na bisbarra, como Antonio Roade, Fino Lorenzo, Tilducha Montaña, Maida Abal, Alvarito “o da Espuma”, o fillo do alcalde de Baiona Nardo Pereira, Marisa Abal, Rafa Mascuñana “o cínife”,….mais outros que viñamos pasar o verán, entre os que estabamos, Manolo Martínez, Manolo Valverde, Luís Zamácola “o leucocito”, Justo, fillo dun anticuario do Rastro de Madrid,…..e eu.

O ferrador da Ponte d'A Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF

ponte-ramallosa-antonioPara Xoan 3 de 5

Aínda non hai moito tempo había un ferrador na praciña que dá entrada á Ponte de San Telmo camiño de Sabarís polo chamado Camiño Real, que atravesa o monte das Escobichas baixa polo barrio de Viso de Calvos, e pola outra banda sobe pola Cabreira a San Pedro formando a ruta por onde peregrinaban os romeiros que, dende A Guarda, collían o chamado "Camiño de Santiago pola Costa".

O mercado dos luns en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF

mercado-sabaris-fora-JV

Para Xoán 1 de 5

Dende tempos moi antigos vense facendo, todos os uns do ano, un mercado na Vila de Baiona que abrangue toda a bisbarra do Val do Miñor. Foi creado no ano 1497 ao amparo dun privilexio concedido polos Reis Católicos poucos anos despois de que a Vila de Baiona soubese da descuberta das terras do outro lado do mar Atlántico pola arribada da carabela A Pinta en 1493 e comezou a celebrábase no Monte do Boi.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL