Despois dunha interesante xeira polo románico do Val Miñor, organizada polo IEM e guiada por Margarita Vázquez Corbal da Asociación “O sorriso de Daniel”, visitando as igrexas de Santiago de Parada, Santa Baia de Donas, Santa Cristina da Ramallosa e Santa Maria a ExColexiata de Baiona, onde puidemos admirar os restos e vestixios do románico, que aínda se conservan nelas a pesar das desfeitas que se fixeron no tan escaso e salientable patrimonio, -como os parche de cemento imitando bolas de pedra no tímpano da de Donas (coma se na bisbarra non houbese bos canteiros para facelas na pedra do propio tímpano), ou as reixas de plástico coas que se trata de impedir o paso dos paxaros polas seteiras das torres na Colexiata de Baiona-, descansando nunha tasca do casco vello de Baiona, atopámonos cun prestixioso psiquiatra gondomareño que traballa en Madrid e pasa as vacacións nesa vila mariñeira.
O cruceiro de San Campio
Fernandito Popó
Vivía no centro de Gondomar, na rúa Eduardo Iglesias, na casa onde moraba súa irmá, casada cun importante home de negocios e personaxe de certo relevo na sociedade da bisbarra, incluíndo nela a cidade de Vigo. Pouco pasaría dos cincuenta anos, baixo, un migallo groso, quero lembrar que era algo calvo, e na faciana sempre un sorriso que o amosaba un chisco aparvado. Ao parecer, tivera un brote esquizofrénico, amainado con medicinas que o mantiñan un algo lonxe da realidade e do presente.
O tamaño dos cans
Non sei se haberá algún estudo que apunte as variacións dos tamaños dos cans ao longo do tempo. Non me refiro aos do crecemento de cada can, nin os tamaños propios de cada raza, refírome ao tamaño dos cans que a cotío vense nas rúas dos pobos ou nos eidos do rural.
Os esquecidos da Arribada.
Hai poucas datas saía na prensa a nova de que o actual rexedor da vila de Baiona, o alcalde Almuíña, elevaba ao Goberno de España a protesta pola falla da referencia que nos Pasaportes se fai da volta das naves que tornaban da descuberta das Américas, pois o gráfico da viaxe sinala o porto de Lisboa esquecendo que o primeiro porto que soubo a nova foi Baiona coa arribada da carabela a Pinta patroneada por Martín Pinzón.
Nolo
Cando naceu, súa nai púxolle de nome Manuel, non se sabe se en recordo do pai, nunca se soubo quen fora, pois porque ela nunca o dixo. No lugar tirábanlle por Manoliño. Pero el, en canto pasou de picariño, dicía e gustaba que o chamase Nolo.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL