Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Contradiscurso

Contradiscurso

A columna de opinión de Xabier P. Iglesias.

Un axuste fiscal que volve beneficiar a quen máis ten

Correo-e Imprimir PDF

XabierPIO axuste fiscal que vén de presentar o Goberno español (polo seu alcance non se lle pode chamar reforma), insiste en seguir a beneficiar as rendas altas, as grandes fortunas e o Capital empresarial e financeiro. Así, malia recoller unha rebaixa apenas simbólica no IRPF para os tramos baixos, nos que se concentra a maioría da poboación, o desconto é cuantitativamente moito máis zumento para quen máis ten. Pagaremos algo menos, mais os que máis cobran pagarán inda menos. Non por acaso os técnicos do Ministerio de Facenda sinalan, por boca do seu sindicato corporativo, que as persoas máis beneficiadas serán aquelas con ingresos por riba dos 150.000€ ao ano, que pasan de tributar o 52% a só o 45%. Pola contra Montoro mesmo pretende cobrar(nos) impostos tamén das indemnizacións por despedimento. A fiscalidade do funil. 

Nova PAC, novo golpe ao agro galego

Correo-e Imprimir PDF
XabierPIParadoxalmente é a propia Unión Europea quen mellor obxectiviza o impacto letal que para os sectores produtivos galegos tivo e segue a ter a incorporación do Estado español na UE. Logo da exclusión da nosa frota cefalopodeira dos caladoiros mauritanos, en beneficio da doutros territorios europeos e mesmo de Andalucía, a nova Política Agraria Común (PAC) e o seu réxime de axudas vén a golpear cunha nova mazada o noso sector primario. 

O problema non é o número de escanos

Correo-e Imprimir PDF

XabierPIÉ precisa unha reforma electoral en Galiza. A crecente e palpábel demanda social dunha democracia máis participativa e -como mínimo- máis representativa así o exixe. O descrédito institucional dos parlamentos, tamén o galego, ten a súa raiceira na desafección entre as cámaras e o pobo que nel debera estar representado, mais que de feito non está. O monolítico bipartidismo, entre as forzas maioritarias a nivel estatal, e a súa conseguinte falta de pluralidade nas bancadas, acartonan inda máis as sedes lexislativas. Certamente a composición do Parlamento de Galiza non reflicte axeitadamente a diversidade de opinións e pareceres que existe a nivel social, e a distribución de escanos non responde tampouco ao peso real que na sociedade (e nos votos) ten cada opción.

Expropiemos Pescanova

Correo-e Imprimir PDF

XabierPI

Logo da expatriación de Barreras que se materializará coa adquisición do 51% do seu accionariado pola paraestatal mexicana PEMEX, existe o risco real de que suceda algo semellante con outra das referencias punteiras da industria galega. A entrada en concurso de acredores de Pescanova, por mor dunha xestión moi cuestionada tras imputación xudicial do seu Presidente, Manuel Fernández de Sousa, -por vender a metade das súas accións pouco antes de entrar en concurso- fai perigar a continuidade deste importante grupo empresarial de matriz galega.

Un 20% menos de tren en Galiza

Correo-e Imprimir PDF

XabierPI

Calquera que teña usado o tren coñece de primeira man as deficiencias do servizo ferroviario no noso país. Uns trazados que non responden a un deseño en rede que vertebre o conxunto do territorio, escasas frecuencias nalgúns percorridos e faixas horarias, cativa cobertura do servizo para as pequenas estacións e como corolario unhas tarifas desorbitadas en relación ao servizo. O certo é que se segue a tardar máis en ir de Vigo á Coruña en tren, que de Madrid a Valencia e case tanto como desde a capital do Estado cara a Barcelona ou Sevilla. A modernización dos camiños de ferro en Galiza ten sido unha reivindicación histórica, da que de sempre fixo bandeira o nacionalismo galego, pero nunca satisfeita por ningún goberno central. Gobernase o PSOE ou o PP.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL