Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Contradiscurso

Contradiscurso

A columna de opinión de Xabier P. Iglesias.

Os recortes matan

Correo-e Imprimir PDF

XabierPIO colapso das urxencias do Hospital Xeral de Vigo non é unha situación nova. É vox populi en toda a cidade. As historias de doentes que teñen que padecer esperas maratonianas de máis de 7 e 8 horas son moi frecuentes, como o son as dos pacientes aparcados nos corredores do hospital. Tamén os sustos que ten provocado esa situación, por exemplo en forma de desmaios. Onte unha paciente de 80 anos morría na sala de espera despois de tres horas de agarda. E todo malia as derivacións de pacientes a outros centros de saúde, mesmo algún privado.

Banqueiros, medallas e xustiza.

Correo-e Imprimir PDF

Xabier P. IgrexasO Pleno do Concello de Vigo decidiu onte, a proposta do BNG, iniciar os trámites para lle retirar a medalla de ouro da cidade a Julio Fernández Gayoso, ex presidente de Novagaliciabanco e outrora lider todopoderoso da vella Caixavigo. Semanas antes, o 4 de febreiro, o Concello da Coruña xa decidira quitarlle o título de “fillo predilecto” a José Luís Méndez, homólogo de Gayoso na antiga Caixagalicia. Mais o (merecido) agravio institucional con dúas das persoas que maior poder concentraron no noso país non remata aí. Por iniciativa da organización estudantil nacionalista Comités, as universidade de Vigo e de Coruña están a iniciar o proceso que concluirá coa retirada dos respectivos títulos de doutores honoris causa.

Dereito ao apupo

Correo-e Imprimir PDF

Xabier P. IgrexasO Partido Popular reiterase na súa xordeira case alérxica perante a mínima crítica. Fíxoo hai poucos días por boca da presidenta do Parlamento de Galiza. Pilar Rojo logo de acuartelar o Pazo do Hórreo --expulsando da grada de convidados a estafados polo calote das preferentes-- quixo elevar a norma a súa arbitrariedade antidemocrática, pretendendo establecer unha peneira interesada, censurando quen pode ou non acceder ao hemiciclo. Hai quen para alén de gobernaren contra o pobo queren seguir ao facer sen ter que aturaren a máis mínima verba de protesta ou o menor reproche das vítimas que padecen as súas accións e omisións. Democracia representativa, seica, na que os representantes suplantan o suxeito representado. Democracia formal (e cada vez menos) en parlamentiños de cartón pedra.

Partido Popular Vs democracia

Correo-e Imprimir PDF

Xabier P. Igrexas

Reducir o número de deputadas e deputados que compoñen o Parlamento de Galiza vulnerará gravemente democracia. Unha democracia xa ben cativa, reducida a un nivel testemuñal, polo uso totalitario dunha maioría absoluta que pende dun só deputado.

A pretensión de Feijóo pon en evidencia dúas cousas. En primeiro lugar que o Partido Popular non cre nin na democracia nin no autogoberno do noso país. Só así se pode entender unha medida, que malia o seu cariz populista e demagóxico, enfeblecerá e devaluará inda máis a cámara galega. E en segundo, demostra medo. O PP teme, con moita razón, que a súa política de demolición e de recortes antisociais ademais de provocar unha importante resposta social, con grandes procesos mobilizadores, vai camiño de se traducir nun cambio electoral que o desaloxaría da Xunta.

Pacto PP-PSOE contra o pobo

Correo-e Imprimir PDF

Xabier P. Igrexas

 

A oposición do PSOE ás políticas antisociais de Rajoy é unha impostura. O contrario sería dun cinismo atroz, tendo en conta que as executadas polo PSOE no goberno central partillaban de vez o mesmo espírito e orientación neoliberal. O primeiro grande recorte da crise, e o maior da historia até ese momento, fíxoo o executivo de José Luís Rodríguez Zapatero -do que facía parte Rubalcaba- na altura de maio de 2010. Conxelación das pensións, redución nun 5% do salario das e dos traballadores públicos, eliminación do cheque bebé e redución de 6.000 millóns de investimentos públicos. Lembran? O PSOE, ao igual que hoxe o PP, non tivo o máis mínimo reparo á hora de tomar medidas contra a maioría social para satisfacer as esixencias do grande capital.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL