Xoves, 19 Oct. 2017

Actualizado12:46:23 PM GMT

Estás en Opinion Escolainas

Escolainas

Grazas

Correo-e Imprimir PDF

Nunca antes, conscientemente, aprobara nin suspendera a quen non o merecía como resultado da aplicación dos criterios de avaliación perfeccionados co transcurso de anos de docencia. Agás nunha ocasión, unha ocasión extraordinaria, dramática, terrible. Tratábase dun alumno que carrexaba un importante retraso escolar motivado pola familia desestruturada que lle tocara en sorte. Este retraso agudizouse e complicouse cun desequilibrio mental cando a súa desgraciada fortuna no reparto de familias levouno a contemplar, con só dez anos, como o pai lle pegaba un tiro á nai e suicidábase a continuación. O psicólogo que o tratou a partir dese suceso enviou un informe confidencial para o profesorado no que aconsellaba aprobarlle todas as materias porque o rapaz amosaba unha preocupante inclinación ao suicidio.

Un cursiño

Correo-e Imprimir PDF

Nunca usei libros de texto, sobre todo porque quero dirixir libremente a miña docencia. Pero non teño a intención de falar deste tema, demasiado complicado para abranguelo nunhas liñas, porque eu sei ben que non ter libro pode ser bo e pode ser malo, e o mesmo sucede con ter libro, e todo depende das características que rodean o uso que se faga dos instrumentos libro e non libro. Fago este preámbulo porque este ano “herdei” un curso de galego con libro, o que me puxo de novo en contacto coa abundancia de actividades de “encher ocos” ou contestar preguntas dirixidas. E lembrei que hai que ter moito coidado con elas.

Alí, un neno inmigrante listo coma un allo pero con moi pouco vocabulario galego, presentoume uns traballos deste tipo ben realizados.

Dimisión

Correo-e Imprimir PDF

O traballo do mestre é complicado. Aparte de ensinarlles aos alumnos unha morea de cousas que non espertan o seu interese, a sociedade, nun acto de dimisión colectiva sen precedentes de responsabilidades, adxudícalle cada vez máis cometidos (educación en valores, sensibilización, prevención) que deberían ser competencia principal da familia arroupada e apoiada por esa sociedade dimisionaria. Porque a familia, coa colaboración activa e decidida do colectivo social no que está integrada, é a transmisora natural de actitudes e sentimentos para a vida. O labor da escola neste eido debe ser o de actuar como reforzo e aval ou, en todo caso, como organizadora e sistematizadora do currículo relacionado.

Vocabulario

Correo-e Imprimir PDF

- Resulta que a metade da clase non sabe o que é “altruísmo” e en cambio saben perfectamente o significado de “software”.

- Está claro. É unha cuestión de intereses. O que lles “mola” domínano con facilidade e habelencia abraiantes.

Breixo, o meu colega de Lingua Galega, anda estes días dándolle voltas a unha teima. Antes de seguir avanzando no libro de texto quere buscar recursos para que os seus alumnos aprendan moito máis vocabulario e o manexen para expresaren con claridade e precisión todo tipo de ideas e pensamentos.

Pais axudadores

Correo-e Imprimir PDF

- Veña, Trude. Atopámonos na rúa e saúdasme. A ver como o fas.

- Ola, profesor. ¿Cantos anos tes?

- Non, Trude. Tes que dicir: ¿Cómo estás?

Dito así o erro parece esaxerado, pero en inglés a diferenza entre ambas preguntas é pequena, e Trude nunca atina coa correcta. Cando quere preguntar os anos pregunta como estás, e viceversa. Cústalle moito traballo avanzar na aprendizaxe do inglés, e algo parecido pásalle coas outras materias. Falando entre nós, diriamos que é curtiña.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL