Xoves, 23 Nov. 2017

Actualizado12:46:23 PM GMT

Estás en América

América

A literatura galega amosará a súa oferta na apertura da 42ª Feira do Libro de Buenos Aires.

Correo-e Imprimir PDF

feria libro bos airesPreto de 150 actividades difundirán a literatura e a cultura galegas na Feira do Libro de Buenos Aires 2016. O diálogo entre autores galegos e arxentinos centran a programación coa que Galicia intentará proxectar o sector editorial neste evento de referencia internacional, que ten como cidade convidada a Santiago de Compostela. Tamén albergarán unha parte da programación espazos xestionados pola colectividade, como a Federación de Asociaciones Gallegas da República Arxentina, o Centro Galicia, o Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol e diversas casas e centros galegos da cidade.

Preto de trinta autoras e autores galegos participarán nos coloquios, recitais poéticos, conferencias, presentacións de obras e encontros cos lectores que se realizarán do 21 de abril ao 9 de maio en diferentes espazos da cidade porteña. Unha vintena de editoriais de Galicia exhibirán e comercializarán a súa produción neste evento considerado pola Consellería de Cultura como "unha das citas culturais máis relevantes de América Latina".

(Adjunta á nota o programa oficial completo da participación galega na Feira)

Attachments:
File
Download this file (2016 Feira Libro Bos Aires.pdf)Programa oficial Galicia

Directivos do Club de Bolos Valle Miñor de Montevideo visitan #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

bolos-val-minhor-montevideoFundado en 1947 e con 450 socios é a entidade máis numerosa en Uruguai despois do Centro Galego
O alcalde de Nigrán, Juan González, e a tenente de Alcalde, Raquel Giráldez, recibiron hoxe no concello a unha representación do Club Deportivo y Social de Bolos Valle Miñor en Montevideo composta polo seu subsecretario, Román Gómez (acompañado polo seu irmá Benjamín) e Ricardo Alonso, ex-presidente. A entidade, fundada por emigrantes galegos da comarca en 1947, é con 450 socios a que máis emigrantes reúne despóis do Centro Galego. Nela desenrólanse diferentes actividades, entre as que destacan os bolos celtas (deporte levado a Uruguai polos emigrantes miñoranos e que segue unindo as dúas ribeiras), baile galego, gaitas...

Miñoranos celebran o tradicional “Día del Niño” no Círculo de Bos Aires.

Correo-e Imprimir PDF

obsequios cirucloO Círculo Val Miñor de Bos Aires celebrou este sábado a tradicional xornada do "Día del Niño" na sede de Rafaela en Bos Aires. Xogos, espectáculos de circo e maquillaxes artísticos alegraron a tarde ao máis cativos. Un chocolate con churros pechou a xornada.

O Círculo Val Miñor de Arxentina festexou cun acto solidario o Día de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF

dia-galicia-bos-airesMáis de 200 persoas concorreron ao banquete en homenaxe ao Día de Galicia o pasado domingo na Sede do Círculo Val Miñor da Arxentina. Os asistentes achegaron alimentos non perecedoiros, libros, artigos escolares, materias de traballo e de limpeza para axudar á Escola de Educación Especial Nº 501 Civilo Lus da localidade de Mar de Ajó. Colexio que apadriña a organización miñorana pola súa labor no desenvolvemento de oito obradoiros para a formación e capacitación de mozas e mozos con capacidades diferentes.

Nova sección en VM.info, Val Miñor en América

Correo-e Imprimir PDF

Edificio do Círculo Valle Miñor en Bos AiresVM.info abre unha sección específica para dar cobertura ás novas dos centros do Val Miñor en ultramar, especialmente para Bos Aires e Uruguai.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL