Xoves, 30 Mar. 2017

Actualizado05:00:34 PM GMT

Estás en América Os miñoranos no Uruguai celebran as #LetrasGalegas2014 no Centro Valle Miñor de Montevideo .

Os miñoranos no Uruguai celebran as #LetrasGalegas2014 no Centro Valle Miñor de Montevideo .

Correo-e Imprimir PDF
letras-montevideo-2014

Unha manchea de familias emigradas do Val Miñor xuntaranse este sábado para celebrar o Día das Letras na cidade de Montevideo. Canda aos seus descendentes, e amigos levan traballando arreo para dar vida a un gran espectáculo que a partir das 20:30 horas deste sábado brindará unha xusta homenaxe ao poeta Xosé María Díaz Castro no Centro Valle Miñor situado no fermoso barrio de Pocitos.

O acto dará comezo cunha intervención de José Carlos Barcia Lorenzo, actual presidente do Centro. De seguido as voces do Coro Val Miñor (dirixido pola profesora Mabel Soria) encherán o local coas estrofas do Himno Galego. A luguesa Marisa Barrio Otero, natural do concello de Villalba será a encargada dunha semblanza da vida e obra do poeta Díaz Castro. Rematada a intervención, Rosario Criado González, presentadora do evento dará paso ao espectáculo de baile e músicas tradicionais que animarán a noite.
Para iso contarán coas actuacións de prestixiosos grupos como a Escola de Danzas Galegas Airiños do Val que dirixe o profesor Antonio García de Searez, as Pandereteiras do Val (dirixidas por Andrea Méndez Misa) e a Banda de Gaitas "Irmandade" do mestre gaitiero Carlos Vicente González Siri.

Gran Queimada Enxebre  con conxuro, danza de meigas e xotas

O Conxuro da Quiemada a cargo do "bruxo" Ángel Rodríguez Caridad dará o toque de "misterio e espiritualidade" que tras varias cargas será complementado cunhas roldas de licor e rosquillas. Faltaba máis. Todo gratis e de balde, sen máis obriga que as gañas de participar.