Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en América Co desafío de consolidar o feito e achegar á mocidade asume a nova directiva do Círculo Val Miñor.

Co desafío de consolidar o feito e achegar á mocidade asume a nova directiva do Círculo Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
circulo val chiringuito

Os González de Sabarís, tamén de alí os Panteón Fernández e os  Fernández Acevedo, aínda que algúns con raíces en San Pedro da Ramallosa de onde tamén partiron os Hermida Mallo. Canda eles, os Navós Fernández de Baredo e Sabarís, os San Román Valverde de San Martiño de Borreiros e Gonda Luis de Belesar, fillos e descendencia, todos do val, constitúese a nova directiva do Círculo Val Miñor da Arxentina. Reuníronse o sábado para despedir a don Carlos Panteón, e dar posesión a Alberto Lloret González, fillo de miñorana, como novo presidente da institución. A nova directiva, froito dunha lista de consenso, achega novos colaboradores e mantén a outros que están a remar dende hai tempo, como a súa secretaria, Rita Fernández Acevedo. VM.info falou con ela, a noite anterior á asemblea e co novel presidente días antes, sobre a situación pola que atravesa a institución e os desafíos que asume a novo equipo.

Como verás grazas a deus podemos seguir con maioría miñorana”, salienta Rita. É que o tempo pasa e os membros da derradeira onda emigratoria á Arxentina xa son maiores. Así, arestora hai un grupo de galegos que tira do carro, mais comezan a chegar os fillos nados no país dos Messi e Maradona, para que o lume non apague e o fío coa terra e as familias do val non corte.

O noso principal obxectivo é honrar co traballo aos miñoranos que con tanto amor levantaron esta casa”, engade Rita. Lembra as morriñas polo vida no seu “querido Val Miñor”. Mais entende que este mandato ten que afondar na participación da mocidade e a súa inserción a través de proxectos propios.

Alberto Lloret González, quen agora asume a presidencia, vén dunha familia de emigrantes da península que casaran na Arxentina. A súa nai de Sabarís. Traballou arreo na Radio-Val Miñor canda ao recentemente falecido Xusto Piñeiro Soliño. “Acompañei a Xusto dende o inicio do proxecto da radio e non tomei a dirección para asumir no Círculo”, comenta. Agora o seu irmán Carlos, tomará a responsabilidade de manter o espazo radiofónico que dá voz aos galegos no Río da Prata.

Tras recoñecer o labor da comisión saínte, agradeceu a confianza doutros paisanos que o achegaron ao Círculo, como a ex presidenta María del Carmen Vidal e os tamén ex presidentes Roberto Hermida Mallo e Carlos Panteón. Aínda que a súa primeira escola miñorana estivo a carón da súa nai e o traballo a prol da colectividade do seu pai, que aínda sen ser galego de nacemento, integrou diversas comisións da entidade ata o seu pasamento.

Estamos moi ben economicamente”, resume Rita Acevedo trala presentación do Balance e Memoria do Círculo na asemblea do sábado. A boa saúde non é consecuencia de ningunha dádiva: “Temos unha concesión dun restaurante pola que recibimos un canon, presentamos anualmente aos programas de axuda da Xunta, máis os eventos que realizamos ao longo do ano e as cotas sociais, é o que nos permiten ter unha boa economía”.

Neste contexto comeza a rular unha nova etapa do Círculo Val Miñor, sen descoidar o feito pero a apostando forte ao futuro. Para iso contarán con este equipo até o 2016:

Presidente: Sr. Alberto Daniel Lloret González

Vicepresidente: Sr. Angel Amado Sabio Prieto

Secretaria: Sra. Rita Fernández Acevedo

Prosecretaria: Sra. Mirta Miguelez Pandelo

Tesoureira: Srta. Ma. Eugenia Navós Fernández

Protesoureira: Srta. Susana B. Sanromàn Valverde

Vogais Titulares : Sr. Manuel Fernández Acevedo, Sr. Carlos Luis Lloret González, Sr. Héctor Durán Agra, Sr. Rodrigo Navós Fernández, Sra. Aida Rosa Agüero Bolillo,

Vogais Suplentes: Sra. Ma.Begoña Panteón Fernández, Sra. Beatríz López García, Sr. Alfredo Oscar López Giz .

Revisores de Contas Titulares : Sr. Roberto Hermida Mallo, Sr. Manuel Gonda Luis, Sr. Eduardo Luis Blanco Traverso

Suplente: Sr. Fernando Sanromán Valverde