Sábado, 14 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en América A Festa dos Maios xuntará aos miñoranos na Arxentina no Círculo Valle Miñor. #LetrasGalegas2014

A Festa dos Maios xuntará aos miñoranos na Arxentina no Círculo Valle Miñor. #LetrasGalegas2014

Correo-e Imprimir PDF
ciruclo valminhorbosaires

A distancias xa non son as mesmas.  Os fillos do Miñor radicados alén do Atlántico gozan de boa saúde e mellor memoria. O Día das Letras será obxecto de festexos nada máis e nada menos que coa celebración na súa sede en Bos Aires dunha Festa dos Maios. Anuncian grupos musicais, comidas da terra con entrada libre e gratuíta. Organizada polo grupo Lembranzas da Terra do Val Miñor, a cita é a partir das 21 horas no Círculo Social Val Miñor da rúa Rafaela  á altura do 4840, na Capital Federal.