Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en América O Círculo Val Miñor de Arxentina festexou cun acto solidario o Día de Galicia.

O Círculo Val Miñor de Arxentina festexou cun acto solidario o Día de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF
dia-galicia-bos-aires

Máis de 200 persoas concorreron ao banquete en homenaxe ao Día de Galicia o pasado domingo na Sede do Círculo Val Miñor da Arxentina. Os asistentes achegaron alimentos non perecedoiros, libros, artigos escolares, materias de traballo e de limpeza para axudar á Escola de Educación Especial Nº 501 Civilo Lus da localidade de Mar de Ajó. Colexio que apadriña a organización miñorana pola súa labor no desenvolvemento de oito obradoiros para a formación e capacitación de mozas e mozos con capacidades diferentes.

A actividade comezou cedo cun torneo de bolos celta coa participación de equipos da Asociación Arxentina de Bolos e do C.S.D. Val Miñor de Montevideo. Tralo banquete procedeuse a nomear como Socio Honorario a Roberto Hermida Mallo, ex presidente do Círculo con máis de 70 anos de traballo asociativo.
O acto estivo animado polo grupos folclóricos da entidade Lembranzas do Val Miñor e o grupo de gaiteiros Os Papabestas. Para finalizar tivo lugar unha actuación da cantante Luna María e a tradicional queimada.