Mércores, 4 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion O cruceiro de San Campio

O cruceiro de San Campio

Xesús. Arría o galo!

Correo-e Imprimir PDF
Nin se sabe quen era, nin de onde viña. Chamábanlle Xesús e por veces “Jesue” e os rapaces para cabrealo berrábanlle “Xesús. Arría o galo!”.O caso e que cando o cabreaban baixaba os pantalóns e botaba a correr, para onde fose, berrando coma un poseso A culpa de que eu ande así tena Franco!.

Cristo Loureiro

Correo-e Imprimir PDF

O tranvía Vigo-Baiona. Foto IEMChamábanlle “Cristo” ou “Cristo Loureiro” e non se sabe o motivo ou a razón d’este alcuño.

Era un tipo moi pintureiro, moi fachendoso e coidado de si. Para presumir entre as mozas afeitábase as entradas do pelo da cabeza para semellarse ao galán do cine Charles Boyer que estaba moi de moda.

José “O Portugués”

Correo-e Imprimir PDF
Ponte da Ramallosa. Foto IEMNon se sabe a ciencia certa cando apareceu na Ramallosa pero alí estivo ata que morreu.
Sábese que era portugués pola fala. Dicíase, ou se dixo, que tivera problemas coa policía ou coas autoridades do seu país, pero todo quedaba niso, suposicións, porque José xamais falou ou comentou por que viñera á Ramallosa. Ademais por aquelas datas habíache un Cabo da Garda Civil en Baiona, parés que se chamaba o Cabo Pena, que non se lle pasaba unha, e bo era para que esa fora unha de elas.

Carmen “a coxa”

Correo-e Imprimir PDF

Día de feira na Ramallosa. Foto do IEMMoitos de vós, os que teñades máis de trinta anos, lembraredes ver a esta muller acotío na estación do tranvía da Ramallosa, pois todas as tardes vendía froita alí. A súa coxeira era ben sobresainte.
Carmen estaba coxa porque se metera diante dun camión que estivera a piques de atropelar a un dos moitos fillos que tiña, e levouna por diante, iso si, ao fillo non lle pasou nada. Recibiu o golpe na cadeira deixándoa eivada.
Ela contaba esta historia e engadía, salientando a súa fortaleza, “e miren que cabalo serei que nin febre tiven”.

O “Punto 0” do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
Cruceiro de San Campio Ramallosa. Foto IEMÉche ben certo que o centro, o “Punto 0” do Val Miñor esta no “cruce” da Ramallosa. Baiona, Nigrán e Gondomar teñen, como non había de ser menos, os seus “centros” ou lugares onde, de cote e dunha maneira mais intensa, reúnense as xentes do lugar para falar das novas e dos “cotilleos”.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL