Venres, 28 Jul. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Este verán

Correo-e Imprimir PDF
esteveran

Despois dunha longa e dura invernía chea de galernas –agora chamadas ciclogenesis- que coma é habitual apoiaron o mar, que esta cabreado polas invasións dos seus terreos que fai o descontrolado urbanismo, para rebentar o muro do chamado Paseo Marítimo de Panxón, os meteorólogos adiantan que o verán  esta a chegar nestes vindeiros días. Así é que logo veremos ó grupo de veciños se xuntan nun recuncho do tal Paseo que esta perto da saída que vai ó camiño do Regueiro para tomar o sol e mirar como se pon por detrás do castro que coroa e protexe do nordés o porto pesqueiro. Nese recuncho vano axeitando con cadeiras, mais ou menos vellas, un taboleiro entre dous poios de ladrillos que fai de banco e ata unha sombrilla, todo iso na beirarrúa e seguro que sen pagar o imposto que o Concello cobra a os bares pola ocupación do terreo do Concello  Se cadra botan unha partida de tute ou unha brisca e falan, falan de abondo de todo, non queda nada sen repaso.

 Seguro que o tema mais comentado a de ser o arranxo do Paseo Maritimo:

-Que porque non o reduciron coma quería Portos.

-Que da anchura que ten sa se ve que a praia vai desaparecendo.

-Que para paseo chegaban ben os 3,5 metros que dicía Portos.

-Que aos señoritos veraneantes son mais gustantes da praia que do paseo.

-Que ao final a praia vai desaparecer e o mar vai convertelo nun peirao ou nunha escollera.

-Que o mar acabara esnaquizando o muro coma outras veces.

-Que os cartos que custou.

-Que algún lle aproveitarían.

E por riba de todo:

-Que porque nese gasto non meteron uns cartiños pra por alí onde eles uns banquiños e unhas mesiñas axeitadas!!!!