Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade O dinosauro de Vigo arrasa nas redes sociais

O dinosauro de Vigo arrasa nas redes sociais

Correo-e Imprimir PDF
o-DINOSECO-facebook

Crean un perfil en FB e en twitter co famoso dinosauro instalado inicialmente na rúa Rosalía de Castro. O incendio de Freiremar serviu para facer numerosas composicións "memes" con este seto sauro.

Hai pouco máis de dous meses que o "Dinoseto", un seto con forma de dinosauro, é a nova atracción de Vigo. Primeiro o concello colocouno nun parque infantil de Navia, pero visto o seu éxito, decidiu trasladalo á céntrica rúa Rosalía de Castro, onde foi motivo de numerosos comentarios, críticas e artigos xornalísticos. Finalmente foi trasladado á praza da Princesa onde a acción da calar está a pasarlle factura ao animal.

De feito, foi tal o seu éxito que mesmo xurdiu un perfil do famoso sauro verde en Twitter e FB, que ten xa máis de 6.000 seareiros. Nestas redes sociais apareceron nos últimos días vídeos musicais versionados sobre a figura do "Dinoseto".

Tamén numerosas composicións fotográficas que aproveitan o incendio que este luns afectou á fábrica de Freiremar para facer protagonista do mesmo ao famoso dinosauro. Unhas composicións que están sendo moi comentadas a través das redes sociais.

 

 

De Galicia Confidencial (AMEGA)