Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Ecoloxistas reclaman maior sensibilidade co vertido de lixo nas canles dos ríos.

Correo-e Imprimir PDF

lixoriosgondomar2015O domingo 27 de setembro as dez da mañá , 8 veciños de Gondomar convocados por Proxectos Ríos , participaron un ano máis da convocatoria que se fai a nivel de toda Galicia para limpar os cursos fluviais. Neste caso, a intervención realizouse no primeiro curso do río Miñor, dende a ponte do Matadoiro ata a ponte de Mañufe.

Os voluntarios recolleron dúas toneladas de resíduos entre a canle e a beira do río. Plásticos de diferentes tamaños e orixes, porexpan, botellas de vidro, roupa e ferralla diversa foron o lixo que recolleron os voluntarios o longo de toda a mañá do domingo.

Estafador con varias ordes de captura detido pola Garda Civil na provincia de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

estafas por internetA Garda Civil detivo onte en Ponteareas a unha persoa cunha decena de ordes xudiciais de procura e detención.

O Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Tui detivo onte en Ponteareas a J.M.S.E., de 32 anos de idade, con último natural de A Rioxa e con último domicilio coñecido nesta localidade pontevedresa, sobre o que recaían máis dunha decena de ordes xudiciais para a súa localización e detención.

Voluntarios de Nigrán e Gondomar retirarán especies invasoras e lixo no Miñor e a Foz.

Correo-e Imprimir PDF

proxecto-riosA iniciativa da asociación ecoloxista Adega terá lugar simultaneamente en corenta municipios galegos o vindeiro domingo 27 de setembro.

En Nigrán se levará a cabo en colaboración da asociación de veciños La Unión de San Pedro e voluntarios.

En Gondomar a desenvolverán os colectivos A Groba, Pedraghullo e a AA VV de Vincios.

Trátase da 'VIII Limpeza Simultánea' e terá lugar en ríos que atravesan corenta municipios de Galicia e sempre grazas a labor de grupos de voluntarios.

A Garda Civil incauta 15 plantas de marihuana dunha finca de Tomiño.

Correo-e Imprimir PDF

maruxa-tomiñoNo marco das actuacións que a Garda Civil vén realizando para a erradicación do cultivo e venda de sustancias estupefacientes na provincia, no día de onte procedeuse á incautación de máis dunha ducia de plantas de marihuana e á imputación de J.C.A.G., de 48 anos de idade e veciño de Tomiño, propietario e coidador de devanditas plantas, por un delito contra a saúde pública.

Concello e Xunta traballan na posible acollida de refuxiados sirios a Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

siriosO Concello de Nigrán foi consultado pola Federación Galega de Municipios, dependente da Consellería de Benestar da Xunta de Galicia a tal fin. A resposta foi afirmativa por parte de Nigrán na idoneidade da Residencia de Tempo Libre de Patos como lugar de acollida temporal para parte do continxente de refuxiados que podan chegar a Galicia.

O Concello de Nigrán informou esta semana mediante escrito a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) da idoneidade da Residencia de Tempo Libre de Patos-Panxón, dependente da Consellería de Benestar da Xunta de Galicia, para acoller a refuxiados sirios.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL