Domingo, 15 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Sociedade Ecoloxistas reclaman maior sensibilidade co vertido de lixo nas canles dos ríos.

Ecoloxistas reclaman maior sensibilidade co vertido de lixo nas canles dos ríos.

Correo-e Imprimir PDF
lixoriosgondomar2015

O domingo 27 de setembro as dez da mañá , 8 veciños de Gondomar convocados por Proxectos Ríos , participaron un ano máis da convocatoria que se fai a nivel de toda Galicia para limpar os cursos fluviais. Neste caso, a intervención realizouse no primeiro curso do río Miñor, dende a ponte do Matadoiro ata a ponte de Mañufe.

Os voluntarios recolleron dúas toneladas de resíduos entre a canle e a beira do río. Plásticos de diferentes tamaños e orixes, porexpan, botellas de vidro, roupa e ferralla diversa foron o lixo que recolleron os voluntarios o longo de toda a mañá do domingo.

Sinalan que a nota positiva “é que se retirou moito menos lixo das beiras e paseos que outros anos, a maior parte estaba dentro da canle do río e no leito no río. Isto quere dicir que para velo realmente hai que meterse no río , literalmente como o slogan da convocatoria: ‘Móllate polos nosos ríos’. Aínda que desde fóra a primeira vista o río pareza limpo no seu leito non o está, e isto e importante telo claro para posteriores convocatorias da limpeza do río”.

Engaden que este lixo, maiormente plásticos, leva moitos anos, décadas, no leito do río e en moitos casos están en proceso de descomposición e desmembramento, o que dificulta a súa recollida e pon en perigo as especies piscícolas que habitan nel.

“Por iso é imprescindible que a veciñanza responda a convocatoria, única no ano, último domingo de setembro, para eliminar case na súa totalidade este lixo, sempre que o número de participantes sexa máis elevado que nesta ocasión, que tiveron que traballar a reo para retirar as dúas toneladas”, afirman.

Os organizadores agradecen a participación dos voluntarios e os membros do equipo de goberno que participaron a título particular e que nalgúns casos participaron en todas as xornadas que se convocaron dende fai cinco anos.

Recordan que Proxecto Ríos forma parte dun colectivo de voluntariado ambiental sen afinidade nin conexión a ningún partido político, e que realiza esta festa da limpeza dende o 2010 en Gondomar.

Recomendan a utilización do punto limpo de Vincios e as diferentes illas de reciclaxe que existen no concello.