Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Concello e Xunta traballan na posible acollida de refuxiados sirios a Nigrán.

Concello e Xunta traballan na posible acollida de refuxiados sirios a Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
sirios

O Concello de Nigrán foi consultado pola Federación Galega de Municipios, dependente da Consellería de Benestar da Xunta de Galicia a tal fin. A resposta foi afirmativa por parte de Nigrán na idoneidade da Residencia de Tempo Libre de Patos como lugar de acollida temporal para parte do continxente de refuxiados que podan chegar a Galicia.

O Concello de Nigrán informou esta semana mediante escrito a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) da idoneidade da Residencia de Tempo Libre de Patos-Panxón, dependente da Consellería de Benestar da Xunta de Galicia, para acoller a refuxiados sirios.

A FEGAMP enviou unha petición ao Concello explicando que, xunto a Consellería de Benestar, buscaban unha solución coordinada para poder ofrecer recursos a estes refuxiados e por iso pedían colaboración aos municipios. Neste contexto, foi cando o Concello respostou indicando que precisamente o centro dependente da Consellería de Benestar sería o lugar máis axeitado en Nigrán, xa que o Concello desafortunadamente non dispón de ningunha instalación válida para tal fin

"O Concello en si non dispón de recursos propios para ofrecer, pero si pensamos que a residencia de Patos é perfecta e gustaríanos moito que Nigrán representase un verdadeiro fogar para todas estas persoas que foxen da guerra, queremos debemos ser solidarios", subliña o alcalde, Juan González.

O goberno socialista de Nigrán coincide así plenamente con Nigrán Decide, partido que precisamente vai presentar unha moción para que o Pleno do Concello inste á Xunta de Galicia a que se acollan temporalmente ás persoas que foxen da guerra civil siria na Residencia de Tempo Libre de Patos. Cómpre recordar que este centro permanece pechado durante varios meses ao ano e que xa acolleu refuxiados.

A FEGAMP enviou unha petición ao Concello explicando que, xunto a Consellería de Benestar, buscaban unha solución coordinada para poder ofrecer recursos a estes refuxiados e por iso pedían colaboración aos municipios. Neste contexto, foi cando o Concello respostou indicando que precisamente o centro dependente da Consellería de Benestar sería o lugar máis axeitado en Nigrán, xa que o Concello desafortunadamente non dispón de ningunha instalación válida para tal fin.