A iniciativa da asociación ecoloxista Adega terá lugar simultaneamente en corenta municipios galegos o vindeiro domingo 27 de setembro.
En Nigrán se levará a cabo en colaboración da asociación de veciños La Unión de San Pedro e voluntarios.
En Gondomar a desenvolverán os colectivos A Groba, Pedraghullo e a AA VV de Vincios.
Trátase da 'VIII Limpeza Simultánea' e terá lugar en ríos que atravesan corenta municipios de Galicia e sempre grazas a labor de grupos de voluntarios.
Voluntariado na Foz
No caso de Nigrán cóntase coa colaboración da asociación de veciños de La Unión de San Pedro e tamén con toda aquela persoa que desexe colaborar, que deberá apuntarse na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar (pode ser vía telefónica antes do sábado, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas no 986368734) .
O punto de encontro é o Centro da Terceira Idade na Alameda de A Ramallosa ás 9.45 horas, para poder comezar a limpeza no esteiro (á altura da ponte) ás 10.00 horas, momento de máxima marea baixa. Para asistir é preciso levar luvas e botas de auga e, de ser posible, un pincho (pau cun pincho na punta para recoller o lixo máis cómodamente). A xornada alongarase durante unhas dúas horas aproximadamente.
"O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos que coincide plenamente coa filosofía que dende o Concello de Nigrán queremos desenrolar, por iso non dubidamos en sumarnos", explica o alcalde, Juan González.
Limpeza no Miñor
En Gondomar os voluntarios deberán dirixirse ás 10 da mañá á Ponte do Matadoiro a carón do parque da Coelleira. Este ano prestarase especial atención á erradicación de plantas invasoras na zona.
Para coordinar os traballos deberán comunicarse previamente con Pablo Casal, no teléfono 627 27 68 16.