Luns, 19 Aug. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Sociedade Mensaxe de fin de ano de Núñez Feijóo: “No mundo real non hai paraísos”

Mensaxe de fin de ano de Núñez Feijóo: “No mundo real non hai paraísos”

Correo-e Imprimir PDF
nunhezfeijoofindeano

"No mundo real non hai paraísos, pero sí marcos de convivencia que permiten solucionar ou paliar esas situacións", afirmou na súa mensaxe de fin de ano Alberto Núñez Feijóo. Fixo fincapé na imaxe de Galicia como "fogar", onde se ten superados "traumas do pasado" e se ten acadado o recoñecemento internacional pola súa "estabilidade" social.

Propagada nas canles oficias da Xunta de Galicia en Internet, a mensaxe en vídeo do presidente non chega ás 300 visitas en Youtube. O presidente da Xunta quixo destacar as novas medidas a prol da natalidade no seu discurso de Fin de Ano. Fíxoo tanto no contido como nas formas, ao escoller unha escola de educación infantil como escenario da alocución.

 

O discurso de Feijóo confirma que o PPdeG xogará a baza do medo
Posta en valor da estabilidade e dos pactos políticos como garantes do dinamismo económico. Estas foron as claves do discurso de Fin de Ano do líder conservador. Claves que permiten albiscar por onde irán os argumentos do PPdeG nas próximas eleccións autonómicas.
Cómpre lembrar que dende hoxe, 1 de xaneiro, as familias con bebés recibirán unha tarxeta con 100 euros mensuais para gastos dos cativo. O mandatario esforzouse en mostrar o país como un lugar próspero, "un bo lugar no que nacer" debido, entre outras cousas, ao seu "bo clima social", o nivel do ensino e a nosa riqueza cultural.

No eido político, Alberto Nuñez Feijóo presentouse en reiteradas ocasións como o garante da estabilidade e apostou por pactos postelectorais que permitan a conformación de gobernos sólidos, unha clara referencia as actuais negociacións para formar Executivo en España. Negociacións que podería ter que afrontar tamén o PPdeG en 2016 de, como indican as enquisas, estar en risco de perder a maioría absoluta.

"Con independencia de cal fose a opción de cada un de vostedes nas eleccións, estou certo de que todos coincidimos en avogar polo establecemento de pontes que nos permitan seguir convivindo e avanzando a todos os españois", sinalou o presidente.

Hai que ter en conta que, de repetirse os resultados do 20D nunhas autonómicas, o PPdeG perdería a maioría absoluta. Iso si, podería seguir gobernando con Ciudadanos, hipótese moito máis probábel se o BNG non supera a barreira do 5% provincial -como sucedeu nas xerais- e queda fóra do Parlamento de Galicia.

Vídeo co discurso do presidente da Xunta:
Dim lights Embed Embed this video on your site

En colaboración con Galicia Confidencial (AMEGA)