Impútanselles numerosos delitos contra a integridade física das persoas. Está previsto que algúns pasen a disposición xudicial.
No operativo, que continua aberto, leváronse a cabo detencións de xeito simultáneo en edificios e casas de oito rúas do centro da cidade de Vigo. Os arrestados atópanse nas dependencias da Garda Civil á espera de pasar a disposición xudicial.
Os arrestos están relacionados cunha serie de disputas na contorna da discoteca Ramallosa 2000 durante a fin de semana que se saldaron con varios mozos feridos. Entre 5 e 7 mozos, segundo fontes, recibiron golpes tralos cruces ou provocación contra membros desta banda que actúa na contorna do centro nocturno dende hai meses.
A maioría das detencións producíronse en Vigo e os mozos arrestados pasarán a disposición do Xulgado de Instrución número cinco da cidade.
Os axentes realizaron rexistros nos domicilios dos arrestados na busca de documentación.
A operación, que continúa aberta, iniciouse no cuartel de Baiona – Nigrán.