Venres, 23 Jun. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Estás en Canais Sociedade Sexaxenario detido por ameazar viandantes cun coitelo.

Sexaxenario detido por ameazar viandantes cun coitelo.

Correo-e Imprimir PDF
policiaNacionalespalda

A orixe do incidente podería ser a negativa a deixalo entrar no albergue vigués de Marqués de Valterra minutos antes, por ter protagonizado incidentes graves con outros usuarios en días previos, segundo a Policía Nacional

Aparentemente o agora detido quixo entrar no albergue social vigués de Marqués de Valterra e non lle deixaron. O home montou en cólera a comezou a berrar e ameazar aos viandantes esgrimindo un coitelo. Tralo susto e a impresión pola escena varias persoas alertaron ás autoridades no teléfono 091.

Segundo o relato policial, cando os axentes chegan ao lugar viron a un individuo que gritaba e actuaba de modo agresivo e hostil coas persoas que camiñaban pola zona, polo que se dirixiron cara a el para intentar calmalo.

Tras solicitarlle que se identificase e que mostrase os seus pertenzas, lonxe de de facelo comezou a ameazar aos policías á vez que aumentaba os seus ataques, polo que nunha rápida manobra procederon á súa detención e posterior traslado a dependencias policiais.

Agora está en mans da Policía Nacional que lle imputa un delito de ameazas graves e outro de resistencia e desobediencia.

Unha vez en Comisaría realizouse unha consulta das bases de datos na que se comprobou que o devandito varón tiña dúas procuras xudiciais e catro antecedentes policiais.

O detido e todo o actuado pasaron a disposición do Xulgado de Instrución de Vigo en funcións de quenda.