Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Asinantes do Manifesto Miñor convocan a “deixar as siglas” e procurar “a unión da xente”.

Correo-e Imprimir PDF

Lembran que a mediados de xullo botou a andar o MANIFESTO MIÑOR, e dende aquela, sumáronse ao mesmo de diferentes maneiras ao redor de 300 persoas. Durante estes pasados meses realizouse  unha consulta telemática na que os asinantes decidiron iniciar conversas con formacións políticas, movementos sociais e veciñais, e iniciativas similares que se están a formar noutros concellos, “co fin de configurar candidaturas veciñais para a rexeneración democrática nos tres concellos do Val Miñor”.

ANOVA Val Miñor non presentará candidaturas propias nas municipais de 2015 e súmase ao Manifesto Minhor.

Correo-e Imprimir PDF

Reunidos en asemblea os militantes de ANOVA dos tres concellos do Val Miñor decidiron renunciar á presentación de candidaturas propias nas vindeiras eleccións municipais de 2015. Ao mesmo tempo, decidiron apoiar a plataforma veciñal Manifesto Minhor que propón a conformación de candidaturas de unidade cidadá nos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán.
Trala reunión celebrada o pasado xoves 13 de novembro, o colectivo emitiu un comunicado no que afirma que agora mesmo a fórmula proposta no "Manifesto Minhor" é "a única posibilidade real que existe na nosa Comarca de unir á xente (aos de abaixo contra os darriba) para cambiar definitivamente as dinámicas viciadas que nas últimas décadas abafan aos Concellos do Miñor con gobernos do PP en descomposición e ao servizo de intereses espúrios".

Un raio causa estragos en cinco casas de Torroña

Correo-e Imprimir PDF

Treboada onte pola tarde en Sabaris | Imaxe Vm.info4.360 raios, ese é o rexistro de Meteogalicia dos días 4 e 14 de novembro.

Onte caeron en Galicia máis de 1000 raios, un deles causou danos en cinco casas e unha fábrica na parroquia de Torroña.

O pasado 4 de novembro a tormenta foi aínda maior, con 3.360 raios.

Fondos europeos cofinancian próximo a 250 mil euros para a mellora de camiños municipais do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

boschUnha cifra próxima aos 250 mil euros recibirán de fondos europeos os tres concellos do Val Miñor para a mellora de camiños de titularidade municipais. Segundo o informado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, as cifras totais con IVE incluído (a parte do imposto corre a conta das administracións locais), será de 70.097€ en Baiona, 101.457€ en Gondomar e 79.462€ en Nigrán.

Folga en Correos contra os recortes

Correo-e Imprimir PDF

Oficina Correos en Baiona

CC.OO. convoca folga en todo o Estado no operador postal Correos. Será o día 27 de novembro pero, antes, haberá actos reivindicativos en varias localidades. 

No caso de Galicia, CCOO convoca concentracións o día 12 en Ourense, o 13 en Pontevedra e Vigo, o 18 en Lugo e o 20 na Coruña. Con esta convocatoria, CCOO denuncia "a flexibilización, a desregulación e os recortes de Correos, recorte salarial entre o 17 e o 24%, redución na contratación, e taxa de reposición cero".

Especialistas informarán sobre a libre elección de centros hospitalarios para veciños do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

povisaAté o de agora os veciños do Val Miñor eran adscritos forzosamente ao hospital privado POVISA. Como adiantara VM.info na actualidade poderán solicitar ser atendidos nos outros hospitais públicos de Vigo. Mais as dúbidas nos procedementos, beneficios ou atrancos á hora de tomar a decisión que afectan aos usuarios non son poucas, e por outra banda, o prazo para o cambio remata o vindeiro 30 de novembro. Por iso, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor desenvolverá un coloquio informativo sobre a libre elección do centro hospitalario para os veciños da bisbarra. Será este mércores 5 de novembro ás 20 horas na Casa da Cultura de Gondomar.

Rafael Louzán: "sinto indignación e vergoña" pola corrupción.

Correo-e Imprimir PDF

Pachi Lucas, o conseguidor dos cursos de formación na Operación Z nunha tourada en PontevedraNon entoou o “mea culpa” polo que fixeron os seus compañeiros do PP pero dixo sentir “indignación e vergoña” pola corrupción destapada na Operación Púnica.

Quen se sinte avergoñado é, nin máis, nin menos, que o presidente da Deputación e do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, que hai uns días pasaba polos xulgados para dar conta de irregularidades nas obras do estadio de Pasarón.

A praga do picudo vermello está en plena expansión nos tres concellos do Val Miñor e Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

jc gonzalez camesellaNunha conversa con VM.info, Juan Carlos González Camesella, concelleiro de Medio Ambiente de Gondomar recoñeceu que a praga xa afecta palmeiras nos tres concellos do Val Miñor e dende hai un ano está en Vigo.

Informa de novos métodos para abaratar os custes aos veciños que deben erradicar os exemplares enfermos, así  como as formas na que o Concello pode colaborar.

Manifestou que o combate á praga é competencia da Xunta de Galicia mais salientou a importancia da colaboración entre administracións para enfrontar o problema.

As obras dos novos centros de saúde de Nigrán, Gondomar e Oia, baixo sospeita na trama da operación Púnica.

Correo-e Imprimir PDF

Acto de anuncio da licitacion das obras do novo centro saude Nigran | Imaxe Concello de NigránA empresa Cofely España S.L., corazón da trama corrupta da "operación Púnica", é a adxudicataria das obras de construcción dos novos centros de saúde de Nigrán, Gondomar e Oia.

Segundo o grupo parlamentario, a Xunta levou a cabo adxudicacións á trama corrupta de Francisco Granados, ex número dous de Esperanza Aguirre en Madrid.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL