Domingo, 28 Maio. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Deputación: “Antes había un virrei agora hai unha presidenta á que lle gusta o diálogo e a transparencia”

Correo-e Imprimir PDF

carmelaSilva"Antes os señores do PP estaban afeitos a que o presidente da Deputación impoñía as súas políticas. Antes si que había un virrei e agora hai unha presidenta á que lle gusta o diálogo e a transparencia".

Así respondeu Carmela Silva aos deputados provincias do PP que estaban a cuestionar as regras impostas pola nova presidenta socialista. Nomeadamente a fixación dunha reunión cos alcaldes do Salnés con membros do novo goberno “para explicar as políticas que se van facer nos próximos anos”.

Os profesionais da moda do Val Miñor xúntanse para o que será o gran desfile solidario do verán.

Correo-e Imprimir PDF

encaixamossaarisDucias de profesionais dos eidos do modelaxe, a fotografía, o maquillaxe e a perruquería responderon á convocatoria de Encaixamos Val Miñor para artellar un gran desfile. A eles sumáronse as tendas de roupa, xoiarías, e empresas de diversos eidos da bisbarra e Vigo  que achegarán o seu para facer realidade o espectáculo.

A cita será o sábado 15 de agosto nas instalacións do Casino de Sabarís. O evento contará cun mercado solidarios dende as 11:30 da mañá e o desfile dará comezo sobres as 20:30 horas

A Deputación adxudica o contrato que permitirá a limpeza e desbroce da provincial Nigrán - Vincios

Correo-e Imprimir PDF

vilazaO desbroce e limpeza de cunetas e marxes da estrada provincial PE 2102 (Nigrán-Vincios) finalmente poderá concretarse. A deputación de Pontevedra acaba de adxudicar á empresa Covsa o contrato para a realización dos desbroces desta e parte do resto das vías de titularidade provincial. Covsa deberá así facerse cargo do mantemento dos próximo a 10 quilómetros desta carreteira que uñe as parroquias de Vincios, Vilaza, Parada, Camos e Nigrán.

A Xunta inviste 286.500€ en infraestruturas educativas para o inicio dos cursos no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

Bravo-BoschAsí o informou a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, nesta xornada durante unha visita ao CEIP San Salvador de Teis.

A delegada destacou así o investimento realizado nos concellos Baiona, Gondomar e Nigrán dos que subliñou como máis importantes nos centros de Primaria: o cambio de cuberta no CEIP Belesar de Baiona (137.000 euros); a reforma do comedor do CEIP Neira Vilas de Gondomar (34.000 euros) e a reforma da instalación eléctrica do CEIP Humberto Juanes de Nigrán (60.000 euros).

O Val Miñor contará cunha estación propia de ITV en Porto do Molle a partir de 2016. #Nigrán #Baiona #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

ITV-portomolle3

O alcalde de Nigrán e o director Xeral de Enerxía e Minas visitaron esta mañá as obras en Porto do Molle, onde ocupa unha parcela de 3.000 metros cadrados.

O novo punto contará cos últimos avances tecnolóxicos, sendo a primeira de Galicia en construírse con equipos de supervisión e control unificados.
O Concello de Nigrán terá en funcionamento no primeiro trimestre de 2016 a súa propia estación de servizo para a Inspección Técnica de Vehículos. Así llo confirmou esta mesma mañá Ángel Bernardo Tahoces, director xeral de Enerxía e Minas, ao alcalde de Nigrán, Juan González, durante unha visita ás obras en Porto do Molle (trátase da parcela 8-12, cunha superficie de 3,000 metros cadrados e correspondéndose 800 á propia instalación). A empresa concesionaria das ITV para todo el territorio galego, Supervisión y Control S.A. (SyC), informou de que os traballos concluirán a final de ano e que supón unha inversión de un millón setecentos cincuenta mil euros que permitirán engadir os últimos avances tecnolóxicos.

Bota andar no Val Miñor “Pola Unión”, manifesto a prol dunha candidatura unitaria galega ás xerais.

Correo-e Imprimir PDF

mani patriaOs asinantes de Pola Unión fan unha chamada ao acordo das formacións políticas nacionalistas, galeguistas e de esquerda do país de cara ás eleccións xerais. Logo do documento que impulsou a manifestación unitaria do pasado 25X, do chamamento á Marea Galega ou da petición que chegou da mocidade activista, desta vez varios escritores, artistas, activistas ou economistas galegos, moitos deles residentes en Baiona, Gondomar e Nigrán, insisten en apostar Pola Unión, tal e como se encabeza o documento, que emprega o título do poema de Curros Enríquez, o mesmo que se leu tras a mobilización do Día Nacional. O manifesto pode asinarse na web POLA UNION

Un alcalde do #ValMiñor integra a nova Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

31-07-xunta-goberno-deputacionO nome de Juan González, alcalde de Nigrán, figura na lista dos nove deputados provincias que acompañarán á presidenta socialista Carmela Silva, na Xunta de Goberno da deputación.

A mesma quedou quedou constituída hoxe, tras a súa primeira xuntanza oficial, baixo a presidencia de Carmela Silva.

Avelaíña acada acordos para prácticas laborais de 15 usuarios en concellos e empresas da zona.

Correo-e Imprimir PDF

avelainha xardineriaTras máis de dous meses de formación, os usuarios de Avelaíña matriculados no curso sobre "instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes" comezarán o próximo 10 de agosto as súas prácticas en diferentes concellos da zona de Val Miñor e Baixo Miño.

Son 15 os usuarios de Avelaíña que terán esta oportunidade laboral tras asistir ao curso. Agora poderán complementarán a súa formación ata o 31 de agosto, buscando ampliar as súas posibilidades de inserción no mundo laboral.

Manifesto miñorano convoca á celebración do Día da Patria Galega sen distincións partidarias.

Correo-e Imprimir PDF

Logo25X-BCUn grupo de veciñas e veciños da bisbarra están a convocar unha celebración comarcal do Día da Patria Galega no Pazo da Escola de Mañufe, o próximo venres 24 de xullo as 20:30h. Nun manifesto elaborado a tal fin afirman procurar unha participación sen distincións partidarias no día previo á celebración en todo o país do Día de Galicia ou da Patria, como sinalan foi nomeado historicamente. Os interesados en participar deberán comunicarse ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . No acto intervirá Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL