Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A Xunta inviste 286.500€ en infraestruturas educativas para o inicio dos cursos no Val Miñor.

A Xunta inviste 286.500€ en infraestruturas educativas para o inicio dos cursos no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
Bravo-Bosch

Así o informou a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, nesta xornada durante unha visita ao CEIP San Salvador de Teis.

A delegada destacou así o investimento realizado nos concellos Baiona, Gondomar e Nigrán dos que subliñou como máis importantes nos centros de Primaria: o cambio de cuberta no CEIP Belesar de Baiona (137.000 euros); a reforma do comedor do CEIP Neira Vilas de Gondomar (34.000 euros) e a reforma da instalación eléctrica do CEIP Humberto Juanes de Nigrán (60.000 euros).

No referente a Secundaria, sinalou a reforma da cuberta do ximnasio do IES Val Miñor en Nigrán (25.500 euros).

Engadiu que estas actuacións inclúense dentro do paquete de intervencións deseñado polo departamento de Educación para a posta a punto dos centros educativos de cara ao comezo do vindeiro curso escolar 2015/2016. Nese senso afirmou que en total, a Xunta de Galicia leva investidos 750 mil euros a tal fin en todo o pais.