Xoves, 28 Sep. 2023

Actualizado07:21:59 AM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Manifesto Miñor organiza unha xornada de debate a prol dunha candidatura galega de unidade.

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigranEste venres 2 de outubro o Manifesto Miñor, organiza unha xornada de debate no auditorio de Nigrán ás 20:30 horas co lema “Palestra pública encol da unidade”.

A iniciativa preséntase a prol da “ construción dun movemento cívico e plural que teña como fin inmediato elaborar unha única candidatura que logre que os intereses da inmensa maioría da sociedade galega estean representados e sexa decisiva nas próximas Cortes do Estado, ademais de defender os interese de Galiza coma nación, debería comprometer os nosos esforzos para conseguilo nos vindeiros meses, por non dicir días”.

Catro veciños do Val Miñor detidos como presuntos autores de roubos no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

Parte dos efectos roubados recuperados pola GC | Imaxe GC A investigación desenvolvida polo Posto Principal de Baiona-Nigrán permitiu esclarecer polo menos unha decena de roubos con forza nos tres municipios da comarca, detendo a catro persoas do Val Miñor.

Un dos arrestados estaba rehabilitando a súa vivenda en Santa María de Oia co material e enseres roubados.

O Bloque Nacionalista Galego esíxelle á Xunta medidas urxentes na crise do sector leiteiro

Correo-e Imprimir PDF

leiteBNGA formación nacionalista realizou este sábado en Gondomar, Nigrán e Baiona un reparto de material informativo sobre a crise do sector
O BNG de Gondomar, Baiona e Nigrán realizou na mañá do sábado un reparto de material informativo sobre a crise do sector leiteiro galego nas inmediacións de establecementos comerciais das tres localidades.

Inauguración do Obradoiro de emprego “Terras do Miñor”

Correo-e Imprimir PDF

terrasminhorobradoiroHoxe foi inaugurado no CDL de Gondomar o Obradoiro de emprego “Terras do Miñor” que organiza á Mancomunidade do Val Miñor. No acto déronse cita os tres alcaldes da bisbarra, Juan González alcalde de Nigrán, Jesús Vázquez Almuiña alcalde de Baiona e Paco Ferreira alcalde de Gondomar.

Louzán, Caballero e Figueroa negan ter recibido agasallos da Operación Patos

Correo-e Imprimir PDF

Alberto Valverde y Jos lvarezAdemais deles, Agustín Hernández, Corina Porro, Ethel Vazquez, José María Figueroa e outros políticos recibiron presentes da trama corrupta segundo a Policía. A Deputación de Pontevedra, o Concello de Pontevedra, o Consorcio da Zona Franca, o Concello de Poio, o Concello de Vigo, o Concello de Santiago e Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (dependente da Consellería que daquela dirixía Hernández) son as administracións con contratas recentes con Eiriña, presunto centro da trama. Vídeo dun dos imputados amenazando con tirar da manta no interior.

A Xunta remite as propostas de Vigo ao resto dos concellos da área metropolitana.

Correo-e Imprimir PDF

rueda2O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe en Baiona que o seu departamento “xa remitiu aos concellos que compoñen a Área Metropolitana de Vigo as propostas efectuadas polo Goberno local de Vigo para reformar a lei, que as analicen e que formulen as súas suxestións e propostas para buscar o maior consenso posible”.

Nese senso, sinalou que a Xunta enviou unha carta aos 14 concellos que compoñen a área metropolitana, na que se adxunta as dúas alternativas presentadas polo Concello de Vigo, así como un cadro explicativo das diferenzas entre estas propostas e entre elas e a lei actualmente en vigor.

A Xunta deixa a Baiona e Nigrán sen liñas de autobús directas co novo hospital de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

autobuses-novo-hospitalSó o concello de Gondomar contará cunha liña directa ao novo complexo hospitalario Álvaro Cunqueiro. Os usuarios do Val Miñor residentes en Baiona e Nigrán estarán obrigados a facer transbordo en Vigo. Así o comunicou este martes a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, nunha rolda de prensa na que informou das liñas que conectarán a 20 concellos da área metropolitana co hospital.

Rafael Louzán presenta a súa dimisión como deputado provincial do PP.

Correo-e Imprimir PDF

Rafael Louzan Imaxe PVO ex presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presentou a súa dimisión como deputado provincial do Partido Popular. A dimisión ocorreu esta mañá, segundo da conta o PP nun comunicado no que sinala que o afastamento de Louzán xa fóra anunciado publicamente o pasado 26 de maio despois da celebración das eleccións municipais "e unha vez analizados os resultados electorais", salienta o escrito.

A Xunta fornece con 3.559€ a Protección Civil da Mancomunidade do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

proteccioncivilCon estas axudas preténdese colaborar economicamente coas Asociacións de Voluntarios de Protección Civil nos gastos de natureza corrente, o que posibilitará o funcionamento destas entidades dentro dos seus concellos e a colaboración nos plans e programas de protección civil da Xunta de Galicia.

Estas subvencións poderán ser investidas en “equipamento e vestimenta persoal de uniforme; equipos de prevención e protección; gastos ocasionados durante as actuacións levadas a cabo pola agrupación en materia de protección civil e gastos de conservación, mantemento e/ou aluguer da súa base e medios de intervención, aplicacións informáticas e de comunicacións, entre outros”, sinala o texto publicado no DOG desta xornada.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL