Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Tras 60 días no Val Miñor, 13 cativos saharauís retornan aos campamentos de Tinduf.

Correo-e Imprimir PDF

visita-saharauis-2Remata a andaina polo Val Miñor das trece crianzas saharauís que este ano conviviron con familias acolledoras de Baiona, Nigrán e Gondomar. Este sábado 6 de setembro emprenderán o voo de regreso cos levará canda as súas familias. No Sahara haberá alegría polo regreso e por esta experiencia nunha terra cuxos nomes e lugares cada vez son máis coñecidos nos campos de refuxiados de Tinduf. A SOGAP (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), fornecedora de Vacacións en Paz, salientou e agradeceu novamente este venres ás familias acolledoras e ao Concello de Gondomar polos seus esforzos na concreción deste programa humanitario . Á vez que manifesta o desexo de contar coa colaboración económica de Baiona e Nigrán para a edición 2015.

A Garda Civil incáutase de varias plantacións de marihuana en Nigrán, Praia América e Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Plantas de marihuana incautadas en Meaño | Imaxe - GCA Garda Civil incáutase de varias plantacións de marihuana en Nigrán, Baiona, Cambados e Meaño.

Os responsables das platancións foron detidos como presuntos autores dun delito contra a saúde pública.

Gondomar agasalla cunha despedida aos nenos saharauís. Baiona e Nigrán tiveron outra actitude.

Correo-e Imprimir PDF

despedida-gondomar-sharauisO sábado 6 de setembro retornarán as súas casas no deserto do Sahara. E tras o reencontro emocionado coas súas familias, seguramente pasarán moitos días contando as súas andainas por este recuncho da Europa. Son trece nenos saharauís que grazas ao esforzo do Programa Vacacións en Paz conviven con familias acolledoras do Val Miñor durante os dous meses de verán máis duros no Sahara. Entre mentres, o Concello de Gondomar, que fornece con cartos o programa no Val Miñor, preparoulles unha merenda o pasado martes na que gozaron xunto coas súas familias na sala infantil da Biblioteca de Gondomar. As autoridades de Baiona e Nigrán tiveron outra actitude.

Convocan acción comunitaria para limpar de lixo o fondo mariño do Porto de Panxón

Correo-e Imprimir PDF

porto-panxonEsa cervexa xeada que bebiches no areal e deixaches tirada no chan. Levouna o mar. Esa nasa que caeu da embarcación cando esvaraches e no apuro non fuches por ela. Afondou e fica aínda alí. Pneumáticos, latas, artes de pesca, e todo o lixo que podades imaxinar aniña no fondo mariño do porto de Panxón. Ese espazo natural e de traballo que permite a cotío gañarse o pan a centos de familias e gozar da navegación ou ocio turístico a milleiros de persoas, o temos feito unha porcallada.

Operarios alertan que Aquagest saca dos concellos "beneficios moi importantes"

Correo-e Imprimir PDF

Xerente de Aquagest detido na Operacion Manga Jose Luis Miguez, Imaxe CRTVG esTocada polo escándalo da Pokemon, Aquagest, a gran empresa de xestión da auga, cambiou o seu nome por Viaqua. Agora os seus traballadores denuncian que lles pretenden recortar dereitos malia o rendemento das contratas municipais.

O Manifesto Miñor a prol das candidaturas unitarias acada os primeiros apoios de agrupacións políticas.

Correo-e Imprimir PDF

manifesto-minhor-2ANOVA-IN Val Miñor e mais a agrupación de Esquerda Unida de Gondomar emiten declaracións de “total apoio” á convocatoria cidadá Manifesto Miñor a prol da constitución de candidaturas unitarias a través de plataformas veciñais, nos tres concellos da bisbarra. ANOVA-IN pronunciase tras unha asemblea  conxunta de militantes de toda a comarca desenvolvida a pasada fin de semana. Pola súa banda, a agrupación gondomareña de Esquerda Unida o fixo a través dun comunicado asinado polo seu portavoz, Josué Villar, 24 horas despois do lanzamento do manifesto.

Activan o portal Manifesto Miñor para a recollida de sinaturas a prol das candidaturas unitarias.

Correo-e Imprimir PDF

web-manifesto-minhorO colectivo veciñal a prol da formación de candidaturas unitarias nos tres concellos do Val Miñor cara ás eleccións municipais acaba de lanzar o portal web "Manifesto Miñor" para que aqueles que desexen sumarse a título persoal asinen a iniciativa. Próximo a 40 cidadáns de Baiona, Gondomar e Nigrán atópanse entre os primeiros asinantes desta corrente que "apela" aos movementos sociais e ás formacións políticas "democráticas, progresistas, de esquerda e /ou nacionalistas, a iniciar o dialogo necesario e urxente co fin de conseguir unha ampla alianza social e política para configurar CANDIDATURAS UNITARIAS", a partir dunha convocatoria presentada o pasado 18 de xullo baixo o nome "Pola rexeneración democrática dos concellos do Val Miñor".

Día da Patria no Val Miñor: “Por un cambio en clave galega”.

Correo-e Imprimir PDF

xulian carlosMáis dun centenar de persoas do Val Miñor "sen siglas partidarias; diversas e plurais" e "unidas polo amor a Galiza", celebraron un encontro o pasado martes no Pazo da Escola nun adianto da conmemoración do Día da Patria. No acto fixeron uso da palabra o arqueólogo Xosé Lois Vilar e mais o profesor Xulián Maure. A velada contou coa animación dun grupo de gaiteiros que "decatáronse da celebración por Facebook" e concorreron pola súa conta a compartir a súa música. Tralas intervencións tivo lugar unha mesa de petiscos e viños nunha velada de confraternidade que durou ate vén entrada a noite. "O ano que vén sen dúbida seremos máis e todo sairá mellor", salientaron os organizadores "pois son moitas as persoas que se van sumando ao cambio que os novos tempos marcan pero, en clave galega".

Mareas Verdes do Ensino de toda España reuniranse no colexio público de Panxón do 16 ao 18 de xullo.

Correo-e Imprimir PDF

marea negra val minor1Mareas Verdes do Ensino de toda España reuniranse no colexio público de Panxón para celebrar un encontro co obxectivo de "elaborar propostas en positivo" e crear un modelo educativo público, de calidade e que "garanta a igualdade de oportunidades". Dende o 16 de xullo ao 18 de xullo se desenvolverá un intercambio de ideas e propostas baixo o título “La Educación que queremos” no que será a primeira instancia no que se reúnen representantes das comunidades educativas de todo o Estado español .

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL