Sábado, 25 Mar. 2017

Actualizado05:00:34 PM GMT

Estás en Val Miñor Concentración na Ramallosa: Convidan a vestir de negro en repudio aos asasinatos machistas.

Concentración na Ramallosa: Convidan a vestir de negro en repudio aos asasinatos machistas.

Correo-e Imprimir PDF
violencia vigo

Está convocada para este martes 20 de decembro ás 20 horas unha concentración en repudio da violencia machista na contorna da Ponte da Ramallosa. Os colectivos Asociación de Mulleres Área Loura, Comando Ghichas e mais o Grupo de Acción e Concienciación Social do Val Miñor asinan esta convocatoria na que se solicita concorrer vestido de negro en sinal de loito e repudio polos recentes asasinatos de dúas mulleres esta fin de semana en Galicia e mais outra vítima da violencia machista en Tarragona.