Sábado, 23 Sep. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Estás en Canais Sociedade Concentración no MARCO en repulsa polo asasinato por violencia machista de dúas mulleres en Cervo

Concentración no MARCO en repulsa polo asasinato por violencia machista de dúas mulleres en Cervo

Correo-e Imprimir PDF

A Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convoca a unha concentración de repulsa polo asasinato de Adela Ramos, de 72 anos e María José Suáres López, de 45 anos polo seu xenro e compañeiro respectivamente na súa casa de Cervo (Lugo). A mesma terá lugar este xoves 16 de xaneiro ás 19:30 horas diante do MARCO de Vigo.
A Coordinadora convoca á sociedade a saír á rúa para manifestar a súa indignación e "rexeitar o cruel asasinato de Adela e María José e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra nós polo simple feito de selo"