Axentes da Policía Local de Vigo, en colaboración coa de Gondomar, detiveron un home de 38 anos por supostamente golpear o noivo da súa exparella e ameazar a esta. Os feitos tiveron lugar na tarde do domingo, cando unha dotación del 092 achegouse ata a praia de Fuchiños (Canido), alertada de que se estaba producindo unha agresión, segundo detallan varias axencias.
Unha vez alí, un mozo de 33 anos de idade explicou aos axentes que chamara por teléfono ao exmozo da súa parella para pedirlle que deixase de acosala. Pouco despois, este presentouse na praia e produciuse un enfrontamento entre ambos.
As testemuñas relataron que o home que se presentou no areal golpeou ao outro, causándolle lesións na boca, á vez que ameazaba de morte á moza deste.
Coa colaboración da Policía Local de Gondomar, os axentes puideron localizar e deter ao presunto agresor.