Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona acada o Premio ás “Boas Prácticas Locais” contra a violencia de xénero do Ministerio de Sanidade.

Baiona acada o Premio ás “Boas Prácticas Locais” contra a violencia de xénero do Ministerio de Sanidade.

Correo-e Imprimir PDF
recorte-Ministerio-de-Sanidad02

O premio estatal pretende dar pulo á loita contra a vilencia de xénero no eido municipal. Convocados polo Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade xunto ca Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), esta IV edición do premio tamén distinguiu aos concellos de Alcobendas (Madrid), e Casar de Cáseres. O premio é un recoñecemento aos seus proxectos de sensibilización, prevención e atención contra a violencia machista.

Baiona foi recoñecida polas "boas prácticas" en sensibilización, atención e apio ás vítimas. Nomeadamente por ter desenvolvido obradoiros e xornadas pedagóxicas dirixidas a asociacións, alumnado, persoal docente e profesionais nos ámbitos médico, social e policial.